'2050, É demasiado tarde xa?' trata o tema do Cambio Climático dende a perspectiva das consecuencias para a nosa civilización e o pouco tempo que nos queda para reaccionar.
Conta coa participación das máis altas personalidades da ONU, organizacións medioambientais e institucións gubernamentais de medio mundo.
Ademais aborda temas de tanta actualidade e relevancia como a inmigración, o terrorismo e o debate sobre a enerxía nuclear.
Como di unha das participantes, Jennifer Morgan (Directora do Programa Internacional do Cambio Climático, WWF International): "O Cambio Climático es moito máis que unha cuestión medioambiental, aféctalle a todo".
27/04/2007 Un dos máis afamados documentais realizado nos últimos tempos en Galicia vai ter a súa estrea televisiva na galega mañá sábado, 28 de abril, aproximadamente ás 15:30, no programa Galicia Documental.
26/11/2006 O xoves 30 de novembro ás 20:30 horas no Auditorio de Galicia de Santiago terá lugar a estrea do documental 2050. How soon is now? da produtora Tv Siete. Este documental contou cunha axuda á produción da Consellería de Cultura e Deporte.