Obra subvencionada pola Axencia Audiovisual Galega
"Afranio" é unha adaptación para a pantalla da autobiografía de Antón Alonso Ríos "O siñor Afranio, ou como me rispei das gadoupas da morte". Un filme transfronteirizo queseguira o periplo da fuxida deste político galego.
O documental conta o periplo do deputado Alonso Ríos pola ribeira pontevedresa do Miño nos días inmediatamente posteriores ao golpe de estado do 36, os seus inútiles intentos de organizar a resistencia, e a fuxida ao monte cando é avisado de que andan na súa procura para executalo. Posteriormente consegue cruzar a Portugal e fuxir á Arxentina.
Na construción da peza documental utilizanse ficións e recreacións dos feitos do libro, nas que o actor Luis Tosar interpreta o papel do "siñor Afranio".
31/05/2008 Sen dúbida este vai a ser un dos proxectos estrela do audiovisual galego dos vindeiros anos. O documental dirixido por Victor Coyote é unha adaptación para a pantalla da autobiografía de Antón Alonso Ríos "O siñor Afranio, ou como me rispei das gadoupas da morte". Un dos materiais da literatura galega que máis interese suscitou para traducilo en imaxes.