Obra subvencionada pola Axencia Audiovisual Galega
25/03/2009 O músico e produtor lucense Arturo Vaquero traballa xa con Xavier Font (compoñente de Dar Ful Ful) na música da película de animación O apóstolo. Artefacto Producións, a produtora compostelá do filme, acaba de confirmar que o terceiro en discordia desta banda sonora será o estadounidense Philip Glass, nomeado ao Óscar de Hollywood en varias ocasións e autor das músicas de O show de Truman, Diario dun escándalo, O ilusionista ou As horas.
7/08/2008 Malia os malos tempos que parece vivir a sétima arte, a imaxe de produtor de cine aínda se asocia á dun home ben mantido que acende os puros con billetes de 500 (euros). Nada máis lonxe da realidade. Con só 30 euros, calquera se pode converter en coprodutor de O Apóstolo, a primeira longametraxe de animación en plastilina do país, que se está a xestar en Santiago.
18/04/2008 En apenas dous meses de andaina, Leo xa foi seleccionada nos certames de Redondela en curto, Fotogramas, Átalo en corto, Festival Radio City de Valencia e o Festival Internacional de Medina del Campo. A curta, segue a súa fase de promoción en festivais nacionais e internacionais.