Obra subvencionada pola Axencia Audiovisual Galega
Vigo. 2007. Cinco mulleres acoden a unhas clases de calceta. Este pequeno vencello, anodino e insignificante ós ollos dos demáis, convírtese nun nexo de unión destas mulleres tan diferentes entre si. A través das súas diversas reunións elas van espindo os seus temores e angustias provocadas por unha sociedade machista. Está unión daralles a forza individual a cada unha para loitar por un cambio nas súas vidas.
Pero tamén unirán os seus esforzos para axudarse mutuamente. Homes de diferentes clases sociais e condición caerán víctimas duns fíos invisibles que se entrelazarán por toda aa cidade. Fíos que cada vez chegan máis lonxe e agarran máis forte…
Vinganza, reivindicación, xustiza… o clube da calceta e os seus membros non teñen límite. Porque é unha revolución e iso non se pode parar… ¿ ou si?
22/03/2009 O filme de Antón Dobao e producido por Ficción producciones tivo unha excelente acollida no Festival Internacional de Cine de Famalicâo, un festival que aborda as relacións entre o cineMA e a literatura incentivando o estudio das complexas e contraditorias relacións que existen entre estas dúas vías narrativas.
11/09/2008 O vindeiro luns 15 de setembro comeza en Ferrol a rodaxe do telefilme "O club da calceta", dirixido por Antón Dobao e producido por Ficción Producciones xunto coa TVG, Diagonal Televisión e Televisió de Catalunya. "O club da calceta" é unha adaptación ao cinema da novela homónima de María Reimóndez que supón un novo chanzo do proxecto "Un mundo de historias".