Obra subvencionada pola Axencia Audiovisual Galega
Os feirantes son os últimos nómadas da nosa sociedade. Detrás das luces de cores das festas, dos autos de choque, as tómbolas, o “tren da bruxa”, “o barco pirata” ou o “saltamontes”; hai familias enteiras que gañan a vida de feira en feira, de sitio en sitio.
Estes homes e mulleres, habitantes permanentes dos arrabaldos das cidades, viven en caravanas formando pequenos pobos ambulantes durante máis de oito meses ó ano. Galegos, extremeños, portugueses, xitanos, húngaros e romaneses, reúnense en Galicia durante os meses que dura a tempada das festas. A vida dos donos e traballadores das barracas é unha constante viaxe, unha itinerancia permanente. Durante o inverno, algúns continúan outras actividades sedentarias. Outros deciden seguir viaxando no interior das súas caravanas, ampliando o seu percorrido por toda a xeografía española e portuguesa, habitando todo o ano estradas, camiños e descampados.
TRA-LAS LUCES é unha película documental contada a modo de road-movie.
Unha historia coral na que se entrecruzan moitas traxectorias humanas.
Unha mestura de culturas, idiomas e formas de entender a vida.
Unha viaxe que non remata.
30/05/2009 Comenzó el rodaje del largometraje documental "TRA-LAS LUCES" de la directora Sandra Sánchez, que producen Tic-Tac Producciones y Lagarto Cine. Un documental que viaja junto a los feriantes, los últimos nómadas de nuestro tiempo, de feria en feria, de pueblo en pueblo.
24/07/2008 Three productions with Galician flavour have been selected for participation at this year’s edition of the Ibermedia Latin-American Co-production Fund. This fund, promoted by the Spanish government and the Latin-American General Secretariat, has been created in 1997 to promote the co-production of Latin-American films and TV products.