A Coruña... de cine
A mediados dos anos 90 presentouse esta iniciativa da Concellaría de Cultura da Coruña e da Escola de Imaxe e Son, unha idea pioneira que quería converter A Coruña en materia de creación, e que tivo por resultado a rodaxe de oito curtametraxes en 35 mm coa cidade como espazo da acción e tamén como protagonista.