Cinema bravú

O Bravú foi un movemento cultural que agromou a principios dos noventa: os grupos musicais introducen nas súas cancións os problemas cotiáns da mocidade da época: paro, obxección ao servizo militar, sexo, problemas da aldea e os caciques. No audiovisual realizáronse intentos por incorporar este mundo á pantalla, nunha peculiar fusión do rural e o urbano que converteron estas pezas en produtos de culto.

Fans:

Facerme fan

Comentarios:

6 comentarios
Só mostra os 5 comentarios máis recentes Ver todos
Mi madriña, Galician Explotation!!!
Manolo Gonzalez 27/12/2008
Penso que todas estas pezas siguen a ser enerxéticas, divertidas, moi frescas, necesarias e "galegas". Ademais,as que poideron circular fora do Padornelo, tiveron un gran éxito de crítica e público, difundíndose en televisións do resto da península. Quen da mais?. Acaso non era iste un bó filón para transitar?
Marisa Otero López 27/12/2008
Vaia, en Lalín amasan a xorza dos chourizos antes de matar o porco.
Encántame este tipo de curtas tan enxebres pero con tanta calidade detrás. É un estilo que tería que volver a aproveitarse, historias nosas pero universais. Vivamos como galegos, como di o outro. Para cando un Cinema Bravú 2ª parte Manolo?
Manolo Gonzalez 16/01/2009
pois non te creas que hai tantas pezas como para facer unha segunda parte.. pero todo se andará. Ainda hai que poñer moitas cousas que a meirande parte da xente non coñece... Vellas por exemplo podería estar nese ciclo...
Estou completamente de acordo com Carlos Prado, encantam-me todas as curtas deste ciclo, seria pena que nom se figessem mais cousas deste estilo.
Para poder comentar tes que estar rexistrado e acceder a flocos. Accede se xa estas rexistrado ou rexístrate se non o estás.

Flocos é un produto da Axencia Galega das Industrias Culturais

Contacto | Licenza | RSS