O proxecto
Memoria do século XX naceu no 2008 co obxectivo de salvagardar parte do patrimonio audiovisual galego en formatos domésticos que ficaba indolente en caixóns, faiados ou armarios. Bobinas familiares cheas de imaxes de grande valor etnográfico realizadas por cineastas afeccionados compoñen máis de 200 horas recuperadas e dixitalizadas pola Axencia Audiovisual Galega en colaboración con
IB Cinema.