12007

» Diego Torres, 2007
Categoría: Ficción
(Fantástico)
Info:
  • 1046 reproduccións
  • 16 fans
  • Publicado o 27/2/09
Comparte:
  • Código para a túa web:
  • Redes Sociais

Obra subvencionada pola Axencia Audiovisual Galega

Captura da portada

Unha cidade pequena, en Galicia, duns 100.000 habitantes. Un vagabundo que vive nunha choupana nun descampado aos arredores. Un doutor (veterinario) cun laboratorio secreto.

As súas vidas crúzanse e emprenden xuntos unha investigación a través do coñecemento do ser humano e a súa sociedade actual, co obxectivo de ver a futura evolución do home.

Como froito do experimento, o vagabundo dorme durante uns 10.000 anos. Ao espertar, atópase con que o mundo que coñecía desapareceu.

Hai vida vexetal e animal, pero nin rastro de humanos. Tras vagar uns días, atopa homes, pero antes sequera de poder entender demasiado o que acontece, atópase fuxindo deles, pois parecen caníbales. Acurralado e asustado, intenta a comunicación.

A partir de aquí o espectador definirá se foi efectiva.

12.007 é unha curtametraxe que parte da lectura dun relato breve do autor galego Rafael Dieste, no seu libro “Arquivos do trasno”, publicado por primeira vez en 1926.

Duración:
19:06
Ano:
2007

Novas

Galería de imaxes

Fans:

Facerme fan

Comentarios:

7 comentarios
Só mostra os 5 comentarios máis recentes Ver todos
Juan de Oliveira 28/02/2009
Parabéns... excelente traballo. Regusto a Chris Marker / Terry Gilliam e ó final un pouquiño a Franklin J. Schaffner. Moi meritoria e moi currada.
MARCOS CORTIZO 1/03/2009
moi boa. felicidades
Fran Estévez 1/03/2009
Ome, Diego Torres! Compañeiro da EGACI. Non?
Acabo de ver a curta. Interesante e atrevida a elección do tema, ciencia ficción! Xa estaba a pensar que as relacións persoais eran o único asunto a tratar hoxe en día. Só por iso xa te dou a miña noraboa.
O único que me disgustou un pouco foron algúns momentos demasiado topicazoss en canto a posta en escea das dúas personaxes..
O que máis me gustóu foi a comezo, os créditos intercalados con imaxes xa da historia. Sen dúbida o mellor. Xenial, múscia, fotografía e montaxe.
Saudo!
Bravo. Sorprendente traballo. Agradecese ese regusto os clasicos scifi dos 70. Unha direccion de actores por riba da media. A literatura galega coma punto de partida pode deparar moitas sorpresas, non hai dubida. Sr Torres seguiremoslle a pista. Bravo.
luis_en_tránsito 4/03/2009
parabéns, un traballo moi interesante
Na sinopse pon: "atópase fuxindo deles, pois parecen caníbales." ?¿ ?. Cortastes planos?
Noemi Chantada 28/05/2009
Me parece un gran trabajo, pero también me quedo con la sensación de que me falta algo. Después en el blog veo por las fotos que sí hay partes eliminadas, ¿nos espera un 12007 II, acaso? ;)
Para poder comentar tes que estar rexistrado e acceder a flocos. Accede se xa estas rexistrado ou rexístrate se non o estás.

Flocos é un produto da Axencia Galega das Industrias Culturais

Contacto | Licenza | RSS