Francia 1848: represión dos gobernantes, anulación da liberdade de prensa, reunión e expresión, liberalismo indiscriminado, época de grandes avances tecnolóxicos... moreas de artistas senten a necesidade de realizar a súa revolución.
España 2002: ...moreas de artistas senten tamén a necesidade de realizar a súa revolución.
Peza que describe a transformación do cadro do artista francés Jean François Millet “Las Espigadoras” nun retrato de mariscadoras nunha ría contaminada polas empresas do petróleo.
Producida polo Museo do Mar de Galicia, para a exposición Olladas Oceánicas (2003-2004).
3/05/2009 Este domingo o programa metrópolis de RTVE dedica o programa ao traballo. Entre outras interesantes pezas, o programa pecharase con 1848-2002.
Esta curta pertence a:
Esferobite - DSK