A aldea, o antigo e o novo

» Ignacio Vilar, 2000
Info:
  • 5679 reproduccións
  • 12 fans
  • Publicado o 21/5/09
Comparte:
  • Código para a túa web:
  • Redes Sociais
Captura da portada
A aldea en Galicia, pola súa dimensión, polas súas formas de asentamento, logrou manterse viva moito máis tempo que noutros lugares. A masificación das cidades, a degradación do medio natural propiciou un proceso que leva a que moitos mozos sintan a necesidade de recuperar o contacto coa natureza, e que algúns deles emprendan o camiño de regreso á terra. Como Ave Fénix, a aldea érguese de novo sobre as súas cinzas.
Director:
Ignacio Vilar
Duración:
62:19
Ano:
2000

Fans:

Facerme fan

Comentarios:

5 comentarios
Miguel 21/05/2009
Moi bo. Felicitacións aos que participaron na creación e aos testemuños que narran as súas vivencias.

Sería interesante saber tamén como é agora a situación, case 10 anos despois...
Espello de xeracións fracturadas por a incertidumbre do futuro e a morriña do pasado; Búsqueda acompasada, dunha realidade en simbiose co entorno amigable, dunha Natureza enriquecida por o abandono da aplicacion de métodos productivos, baseados no rendemento inmediato, en desequilibrio coa sostenibilidade do Biotopo. Narración Audiovisual excelentemente tratada, cunha fotografía respetuosa da Luz natural que adquire personalidade propia, acompañada cunha ambientación musical, que fai falar as pedras esquecidas das nosas Aldeas; Herdanza dos nosos antergos.
Unha ollada o noso pasado, que leva a pensar cara donde vamos no futuro.
Sabemos que as aldeas non voltaran a ser o dantes,,,¡pero, seguen a ser parte de nos!, moitos ainda que soio sexa no verán queremos voltar a elas.
¡Un documental, magnifico!.
Ignacio Vilar Díaz 28/05/2009
Quero darlle as grazas as persoas que fan posíbel flocos e as persoas que fixeron eses comentarios tan fermosos do documental... ¡emocioneime!. Ignacio Vilar
Chousa da Alcandra 6/03/2010
Non deixa de ser motivo de reflexión e meditación profunda o feito de que todos coincidimos en que na aldea está a paz para a mente e o sosego para o ánimo; pero...mentras elas (as nosas aldeas) esmorecen; nós poboamos os enxamios das cidades.
Parabéns a quenes fixeron posible este documento magnífico.
Para poder comentar tes que estar rexistrado e acceder a flocos. Accede se xa estas rexistrado ou rexístrate se non o estás.

Flocos é un produto da Axencia Galega das Industrias Culturais

Contacto | Licenza | RSS