A casa de Lola de Andrés

» Olaia Sendón, 2006
Categoría: Documental
(Social)
Info:
  • 1157 reproduccións
  • 21 fans
  • Publicado o 6/12/08
Comparte:
  • Código para a túa web:
  • Redes Sociais

Obra subvencionada pola Axencia Audiovisual Galega

Captura da portada
A memoria esvaécese e o pasado non é máis que un eco no espazo que o acolleu. Hoxe estes ecos dilúense nun espazo cambiante vítima da salvaxe e irreversíbel especulación inmobiliaria. A Costa da Morte está á venda. Baixo a fachada de prosperidade económica o fenómeno inmobiliario agacha a emigración, a falla de industrias, a desestruturación económica e a especulación perfilando un futuro no que os pobos se desartellan e onde se promove un desprezo total ao contorno, un contorno que en certa medida é o que nos di quen somos.
Director:
Olaia Sendón
Duración:
34:40
Ano:
2006

Novas

  • ´A casa de Lola de Andrés´ e ´O alquimista´no Cinema Jove

    7/06/2007 A 22 edición de Cinema Jove, do 16 ao 23 de xuño, contará con presenza galega, cunha obra producida baixo o paraugas das axudas a creadores individuais da Consellaría de Cultura e Deporte, A casa de Lola de Andrés, un documental de Olaia Sendón. O evento tamén contará con outro filme galego O alquimista de Xosé Zapata.

  • ´A casa de Lola de Andrés´ escollida para o Festival de Málaga

    19/02/2007 Esta curtametraxe documental realizada por Olalla Sendón acaba de ser elexida para participar na sección de documentais do Festival de Cinema Español de Málaga. Este é o primeiro recoñecemento que se realiza a unha obra realizada co respaldo das axudas da Consellaría de Cultura e Deporte aos "creadores individuais".

  • Presentación do documental ´A casa de Lola de Andrés´

    24/01/2007 O vindeiro sábado, 27 de xaneiro, vai ter lugar a estrea na Fragua do Sardiñeiro desta curtametraxe-documental realizada por Olaia Sendón. A casa de Lola de Andrés é unha produción que recibiu unha subvención de 4.500 euros por parte da Consellaría de Cultura e Deporte no 2006.

Fans:

Facerme fan

Comentarios:

8 comentarios
Só mostra os 5 comentarios máis recentes Ver todos
Oscar Otero 9/12/2008
Parabéns. Encantoume.
Pachi Baranda 12/12/2008
Moi chula, despredende unha agradábel sensación de proximidade.
Palmira Castro 13/12/2008
Pachi baranda, jaja, si, si proximidade, tanta que a casa de lola de andres era a casa que estaba frente da miña, no sardiñeiro. jajaj, ajora as vistas que teño é un edificio para veraneantes madrileños!
Muy bueno.
Un documental que debería percorrer todas as escolas e institutos do país.
Ao marxe do especificamentecinematográfico e didáctico quixera facer unha pequena reflexión ¿ politicamante incorrecta? : A parte de queixarse, ¿ que fixeron para evitalo? ¿A cantos deixaron sós na loita? ¿A quen votaron nas eleccións?...país que chega tarde a historia...país de ananos.
Foi unha das curtas que máis me gustou. Sobre o comentario de Xosé Manuel Barreiro teño que dicir que eu si vou invitar aos meus alumnos do instituto a entrar en flocos para vela. Esta e moitas outras.
a miña casa esta ahí, entre todo ese cemento hai verdadeiras xoias nunha terra fermosisima e chea de vida. un mar chairento de sal que amosa o carón do monte, dos eucaliptos e do feísmo dsa novas construccions sen orden. una díficil combinacion.
Sonia Navas Aranda 13/03/2009
Son fan, claro que si. Gustoume moito Olaia e a montaxe Eviña. Do tema non vou decir moito, estou dacordo coa denuncia do docu, claro. Teño morriña...
Para poder comentar tes que estar rexistrado e acceder a flocos. Accede se xa estas rexistrado ou rexístrate se non o estás.

Flocos é un produto da Axencia Galega das Industrias Culturais

Contacto | Licenza | RSS