O noso protagonista pasa un día de verán caluroso e aburrido... ata que descobre unha fermosa estornela non moi lonxe de onde está él. Cando está por acadar a súa meta, o seu obxecto de desexo é transportado ata as mans dunha bebé de actitude desafiante, ¡e con malas pulgas!
A súa fortuna non remata alí, ademais a pequena tirana consigue escaparse escaleiras abaixo co prezado obxecto nas mans, iniciando así unha tola carreira ruas abaixo (como nas mellores películas de persecución).
¿Conseguirá o noso pequeno protagonista azul gañar a carreira? ¿Ou a súa inimiga rosa sairase coa súa?