A meiga chuchona

» Pablo Millán, 2006
Categoría: Animación
(2-D)
Info:
  • 981 reproduccións
  • 19 fans
  • Publicado o 6/12/08
Comparte:
  • Código para a túa web:
  • Redes Sociais

Obra subvencionada pola Axencia Audiovisual Galega

Captura da portada
Lenda tradicional galega que conta a historia dunha muller á que lle van morrendo tódolos fillos, un tras outro, dun estraño mal que os deixa febles e enxoitos ata rematar con eles. A nai fai todo o que está da súa man, chama ao médico, ao cura, pero non lle dan cun remedio, ata que só lle queda con vida o máis cativo, que está a seguir os pasos dos irmáns. Xa coma derradeiro recurso a muller fala cunha vella, que lle mostra que está a sufrir mal de ollo; os seus fillos morren vítimas da fame voraz da meiga chuchona, e dalle as indicacións precisas para acabar con ela.
Director:
Pablo Millán
Duración:
8:04
Ano:
2006

Novas

  • A obra mestra da animación galega ´Á meiga chuchona´ prestixia a Galicia nos festivais internacionais

    21/07/2008 Recentemente foi seleccionada en competición oficial no California International Animation Festival en EEUU. Tamén vai a participar no XXIV CARTOON CLUB - Festival Internazionale dell'Animazione en Italia despois de haber obtido o segundo premio á mellor curta de animación no The End Of The Pier International Film Festival en Inglaterra.

  • Curtas de Pablo Millán seleccionadas para festivais de Londres e Seúl

    16/07/2007 Longo sendeiro de pedra vai participar no EXIS Experimental Film & Video Festival de Seúl. Mentres, no Portobello Magic Film Festival (Londres), o día 3 de agosto, o festival vai proxectar xuntos os últimos filmes de Millán desde O conxuro, Longo sendeiro de pedra e A meiga chuchona.

  • CAFÉ&CHURROS: ´A meiga chuchona´, obra mestra da animación galega

    4/04/2007 Na Axencia Audiovisual Galega temos o privilexio de ser dos primeiros en botarlle un ollo ás producións galegas. Moitas veces énchenos de entusiasmo atopar pequenas xoias do noso audiovisual polo que nos gustaría facernos eco destas agradábeis impresións. Por iso, dentro das novas da web, abrimos esta sección de Café&Churros e o primeiro comentario o realizamos sobre A meiga chuchona de Pablo Millán.

Galería de imaxes

Fans:

Facerme fan

Comentarios:

8 comentarios
Só mostra os 5 comentarios máis recentes Ver todos
Manolo Gonzalez 11/12/2008
Na miña opinión unha das mellores curtametraxes de animación que se teñen feito en Galicia pola mestura de tradición, tecnicas de animación diversas, estéticas "de país" e moitas cousas mais. Pablo eres un crack¡ algun día terás cumprida satisfación ao teu inmenso talento.
Interesante mistura de técnicas, estou desexando poder ver novos traballos deste director.
Juan de Oliveira 12/12/2008
Canto máis a vexo máis me gusta, un guión moi sólido contado dunha forma sensacional.
abelardo rendo rial 22/12/2008
eu non sei que decir, paréceme maravillosa...cando sexa ghrade quero facer unha meigha chuchona!!!
Fany Suárez 3/01/2009
Paréceme estupenda, e moi axeitada a música e a voz en off. Non é pra cativos, ¡da medo!
Mónica Ares 9/01/2009
moi ben
Ramón Pais Pazos 20/01/2009
É moi boa. Gústame como aborda o tema e a estética da parte final.

Xenial.
Bonavita 10/03/2009
Me atrapo... como las historias que me contaban de pequena :)
Para poder comentar tes que estar rexistrado e acceder a flocos. Accede se xa estas rexistrado ou rexístrate se non o estás.

Flocos é un produto da Axencia Galega das Industrias Culturais

Contacto | Licenza | RSS