A memoria nos tempos do volfram

» Antón Caeiro, 2003
Info:
  • 1333 reproduccións
  • 16 fans
  • Publicado o 12/3/09
Comparte:
  • Código para a túa web:
  • Redes Sociais
Captura da portada
Ao comezo da Segunda Guerra Mundial un mineral fíxose necesario para o Estado alemán: o volframio. Galicia converteuse no "Dorado" para moitas persoas que procuraban cartos ou simplemente un traballo naqueles duros anos da posguerra española. Mineiros, aventureiros, guerrilleiros, gardas civís e presos políticos, conviviron nos montes galegos e entrecruzaron as súas vidas. Esta é a súa historia contada polos propios protagonistas, nun filme gañador do Primeiro premio na III Muestra de Documental Etnográfico de Sobrarbe "Espiello" (Huesca 2005).
Director:
Antón Caeiro
Duración:
53:53
Ano:
2003

Novas

  • "Esta noite, velada"

    21/03/2009 Antón Caeiro recupera nun documental a historia de Airiños, o grupo de teatro afeccionado máis veterano de Galicia, que acaba de cumprir o seu 75 aniversario

  • Espiello III ya tiene documental ganador

    12/03/2009 "A memoria nos tempos do volfram" una película de corte historico del realizador gallego Antonio Caeiro, ha obtenido el premio Espiello al mejor documental en la III Muestra de Documental Etnográfico de Sobrarbe.

  • El trompetista gallego Arturo Solar actúa en la gala de los Grammy Latinos en Los Ángeles

    12/03/2009 Antes de salir de Galicia compuso distintas bandas sonoras tanto para documentales ('Aillados' y 'A memoria nos tempos do volfram')

  • Desde las verbenas a Hollywood

    12/03/2009 Al mismo tiempo que toca los últimos éxitos por los campos de las fiestas, comienza una carrera de compositor de bandas sonoras que encuentra un acomodo en el documental gallego. Compone para dos obras de Antonio Caeiro: Aillados y Memoria nos tempos do wo

  • A memoria nos tempos do volfram, mejor documental en la III Muestra de Documental Etnográfico de Sobrarbe

    18/04/2005 “A memoria nos tempos do volfram” del realizador gallego Antonio Caeiro, ha obtenido el premio Espiello al mejor documental en la III Muestra de Documental Etnográfico de Sobrarbe. El documental, dura 55 minutos y sitúa la acción al comienzo de la II Guerra Mundial cuando un mineral, el volfram, se hizo necesario para el estado alemán. El documental narra en primera persona la historia de mineros, aventureros, guerrilleros, guardia civiles y presos polí­ticos, que convivieron en los montes gallegos y entrecruzaron sus vidas en los duros años de posguerra.

Galería de imaxes

Outros videos

  • trailer do documental

    Este trailer foi usado para a presentación os medios nos días previos a estrea en Vila de Cruces.

Esta curta pertence a:

Antón Caeiro

Fans:

Facerme fan

Comentarios:

5 comentarios
Xornal Certo 12/03/2009
Presos políticos, guerrilleiros, putas, estafadores... pero é impresionante! Temos documental (botamos en falla as minas de San Finx en Lousame, conste en acta) e agora: Cando van facer a película? (Aquí a un o mineiro morto de asfixia, Rojo, pareceulle cravado a Luís Tosar, pero coidamos que ten que graduarse a vista outra vez). Parabéns a Caeiro, encantounos...
Mónica Ares 17/03/2009
Meu avó e meu pai traballaron nas minas da Brea e miña avoa dáballes de comer e de durmir ós traballadores. E na miña aldea houbo cines, puticlús... Eu son neta do wolfram, teño que ser fan deste documental...
Mónica Ares 17/03/2009
E miña nai contoume que na miña aldea se fumaban billetes. Como cambiou o conto!
Pachi Baranda 24/03/2009
Tremendo exercicio de memoria. Non só se trata da Historia de Galiza con maiusculas, aínda mellor: fala da pequena historia, da nosa xente, cunhas testemuñas moi próximas ao espectador, entrañables. Refírome ao que non se pode ler en libros ou arquivos, é o que se le na mirada dos personaxes. Ademais, da a impresión que o pasástedes moi ben durante a rodaxe. Parabéns. Gustoume moito!
Reflexo fidedigno do pasado enesquecibel nunha realidade social que pouco ten que ver co exposto nos libros de historia. Eco das voces protagonístas nun tempo de imposicións, onde o futuro non existía e o presente roíase para que non fora outro, quen se aprobeitara da ignorancia da xente, que vivía por e para traballar arreo igual que o gando tira do carro, sen saber cara onde dirixe os frutos do suor no seu esforzo por medrar. Unha ollada sincera ó rural cando todo estaba por facer.
Para poder comentar tes que estar rexistrado e acceder a flocos. Accede se xa estas rexistrado ou rexístrate se non o estás.

Flocos é un produto da Axencia Galega das Industrias Culturais

Contacto | Licenza | RSS