A rosa dos ventos

» Jairo Iglesias, 2006
Categoría: Ficción
(Drama)
Info:
  • 480 reproduccións
  • 8 fans
  • Publicado o 23/3/09
Comparte:
  • Código para a túa web:
  • Redes Sociais

Obra subvencionada pola Axencia Audiovisual Galega

Captura da portada

O home de Rosa non volverá. Levouno o mar.

Ela busca consolo nos recordos, pero descobre que non son suficientes para calmar o baleiro de tantos anos de soidade.

O mar é a clave na vida destas persoas, tanto para os que están, coma para os que xa non. O mar agocha os segredos dunha vida frustrada moitas veces, simboliza a respiración dunha vila; pero ó mesmo tempo é esa línea que divide os corazóns de moita xente.

A morte baixo a sombra dos naufraxios convive cos recordos e a esperanza de quens quedan en terra. Unha cruz que mira ó mar desafía ás súas viúvas.

Rosa leva moito tempo soa. A chegada de Sara ó pobo fará que Rosa recapacite sobre o paso do tempo e intente buscar consolo na lembranza do seu marido.

Unha historia de amor, soidade e recordos. Rosa dos Ventos, onde o corazón a levou.

Duración:
16:03
Ano:
2006

Novas

  • CAFÉ & CHURROS: ´A rosa dos ventos´, transgresión homérica

    23/03/2009 Outra vez máis pechamos a semana cun comentario sobre unha produción galega do 2006. Nesta ocasión volve a visitarnos a sinatura de María Gondar. A nosa convidada seleccionou para o seu novo comentario a curtametraxe A rosa dos ventos de Jairo Iglesias, segundo a nosa analista, "un retrato dunha Penélope contemporánea".

  • ´Como se fixo Rosa dos ventos´ un documental sobre o proceso de rodaxe dunha curta

    12/03/2008 O documental, está dispoñible desde hoxe dia 12 no portal www.curtametraxes.com, pretende “achegar ao público cal é o proceso que segue unha idea audiovisual dende que nace na mente do director ata a súa estrea".

  • Gravación de Intertextos (II): "Dramas en feminino"

    21/11/2007 As curtas seleccionadas foron Amelia e as sereas de Jahber Ghaleb, Meniña de Daniel G. Domínguez e Rosa dos Ventos de Jairo Iglesias. Tras as proxeccións houbo un debate no que os seus autores falaron das coincidencias e diferenzas nas perspectivas de abranguer os dramas en claves femininas. Esta conversa recóllese neste arquivo de imaxe en windowns media de 7,20 MG.

Galería de imaxes

Esta curta pertence a:

Jairo Iglesias

Fans:

Facerme fan

Comentarios:

6 comentarios
Só mostra os 5 comentarios máis recentes Ver todos
Nani Matos 23/03/2009
Bonita historia, Jairo... Parabens!
Jairo Iglesias 24/03/2009
gracias Nani, estou ansioso por ver a túa!!!!
Algo sei por medio de Nico(podes chamalo Nicoslab Pietrix, que lle mola...) así que a ver para cando...
José Mª Picón 24/03/2009
homiño de deus!! porque non pos o cartel oficial? e xa que estamos pon as tarxetiñas electrónicas, digo eu! :D
Preciosa, una auténtica joya, de verdad...
Moi tenra.
Preciosa¡¡¡
Para poder comentar tes que estar rexistrado e acceder a flocos. Accede se xa estas rexistrado ou rexístrate se non o estás.

Flocos é un produto da Axencia Galega das Industrias Culturais

Contacto | Licenza | RSS