Adeus Edrada?

» Rubén Riós, 2006
Categoría: Ficción
(Fantástico)
Info:
  • 7484 reproduccións
  • 20 fans
  • Publicado o 6/12/08
Comparte:
  • Código para a túa web:
  • Redes Sociais

Obra subvencionada pola Axencia Audiovisual Galega

Captura da portada
Susiño é un cativo de dez anos moi medorento. Unha das historias máis presentes nos seus soños e nas súas vivencias do día a día é unha historia que lle contou a Tía Narza sobre a Santa Compaña. A emigración dun veciño, José, é motivo de inquedanza e sorpresa para Susiño. Pasado un ano, a volta deste veciño fai que esa inquedanza e sorpresa se convertan en ledicia e nunha esperanza que se verá truncada, porque unha noite cando Susiño está mirando pola fiestra a Santa Compaña, da que tanto escoitara falar, ven na procura do seu veciño José. Isto provocará unha serie de acontecementos nos que o cativo verá cos seus propios ollos como un ser querido pasa deste mundo ao outro acompañado e flanqueado pola Santa Compaña.
Duración:
12:32
Ano:
2006

Novas

  • ´Adeus Edrada?´, de Rubén Riós, gañou o festival de cine xoven de Irún

    12/01/2009 En canto a premios este e o terceiro premio nacional que recibe. Según Rubén "Síntome moi moi contento porque este premio acabando o ano dache forzas para loitar co seguinte proxecto "Coser e Cantar" que rodamos na ponte de decembro e que nestes momentos e

  • ´Adeus Edrada?´ seleccionada no Festival de Cine de Cusco no Perú

    5/11/2008 A curtametraxe dirixida por Rubén Rios continúa colleitando seleccións e premios alá por onde vai. Acaba de conseguir a súa primeira selección nun festival internacional, o Festival de Cine de Cusco, no Perú.

  • CAFÉ & CHURROS: ´Adeus, Edrada?´ ou a agonía dunha Galicia

    15/06/2007 Transcorren as últimas horas da semana laboral… E para facer máis entretido este último esforzo propoñemos a degustación dun Café & Churros cargados de esencia. De describir esta condensación no padal encárgase Lois Ribeiro que fai unha destilación de Adeus, Edrada? de Rubén Riós. Segundo o colaborador da Axencia Audiovisual Galega esta curta supón "unha retrospección antropolóxica do rural galego".

  • El glamur cinematográfico llega a Vilariño de Conso

    10/03/2007 El pabellón polideportivo de Vilariño de Conso estaba ayer lleno a rebosar para la proyección de Adeus Edrada?, el primer cortometraje como director del actor Rubén Riós. Este lugar fue elegido para el preestreno de la obra debido a que se rodó en la parroquia de Edrada y, explica el autor, en agradecimiento por la colaboración de vecinos e instituciones locales durante el rodaje.

Galería de imaxes

Fans:

Facerme fan

Comentarios:

3 comentarios
Parabéns Rubén. Gustoume moito a túa curta. A aldea galega únenos. Beixiños
Encantoume a curta. Rubén, es xenial. Segue así.
Coté Hospido 23/04/2009
noraboa, Rubén... habelas, hailas
Para poder comentar tes que estar rexistrado e acceder a flocos. Accede se xa estas rexistrado ou rexístrate se non o estás.

Flocos é un produto da Axencia Galega das Industrias Culturais

Contacto | Licenza | RSS