Area nos ollos. A loita por Baldaio 30 anos despois

» Iván Seoane, 2007
Info:
  • 920 reproduccións
  • 11 fans
  • Publicado o 3/1/09
Comparte:
  • Código para a túa web:
  • Redes Sociais

Obra subvencionada pola Axencia Audiovisual Galega

Captura da portada

O 8 de maio de 1977 Carballo viviu un dos acontecementos máis multitudinarios da súa historia: unha manifestación que reclamaba a devolución da marisma de Baldaio aos veciños, xa que dende 1947 se atopaba en mans duna concesión marisqueira que o que realmente agochaba era a extracción masiva e ilícita de area da marisma de Baldaio, chegando na década dos 70 a extraérense máis de cen camións de area diarios do lugar.

A extracción repercutía negativamente na vida dos vecinos de Lema. Víanse privados do seu medio de vida, o marisqueo comunal; moitas zonas de pastoreo foron asulagadas e non se lles permitía baixar á praia a gozar dela; ademais de estarse provocando na zona unha catástrofe medioambiental, debido ao mal uso das comportas, que se abrían e pechaban en función dos intereses da empresa e non segundo as mareas.

Dende o primeiro momento, os vecinos da zona amosaron a súa oposición ao que en Baldaio estaba a acontecer, chegando o seu punto álxido coa manifestación do 8 de maio de 1977 en Carballo e que reuniu a preto de 5.000 persoas na capital bergantiñá.

Director:
Iván Seoane
Duración:
22:46
Ano:
2007

Novas

  • Estrea das curtametraxes ´O hospital´ e ´Area nos ollos´ no Centro Comarcal do Salnés

    3/01/2009 As curtametraxes O hospital e Area nos ollos, de Iván Seoane, estrearanse o vindeiro venres día 25 de xaneiro, ás 22h00, no Centro Comarcal do Salnés, en Cambados. Unhas curtas de xénero cun excelente conxunto actoral que contou cunha axuda da Consellaría de Cultura e Deporte para a súa produción. A entrada é de balde ata completar aforo.

Galería de imaxes

Fans:

Facerme fan

Comentarios:

2 comentarios
Outro desastre caeu sobre esas praias ao abalanzarse sobre elas os "chalés" de algúns.
Encantoume. Gústanme as historias que axudan a facer xustiza cos heroes anónimos.
Para poder comentar tes que estar rexistrado e acceder a flocos. Accede se xa estas rexistrado ou rexístrate se non o estás.

Flocos é un produto da Axencia Galega das Industrias Culturais

Contacto | Licenza | RSS