6/04/2009 No eido do cinematógrafo en Galiza están a xurdir, aos poucos, autores que, dende as marxes da industria, foxen de camiños trillados na linguaxe composta por sons e imaxes en movemento. É o caso, entre outros, de Óliver Laxe. Nado en París e criado na Coruña, a súa obra deuse a coñecer en Galiza dende que, en 2008, gañara (ex-aequo c'O cazador, de Ángel Santos) o Grande Premio do Filminho, festival de cinema galego e portugués, co seu terceiro filme, París#1, peza coa que tamén acaba de gañar (ex-aequo con Manuel e Elisa, de Manuel Fernández-Valdés) o festival de cinema documental Play-Doc de Tui.