Auga

» Xosé Antón Perozo "Ozo", 2006
Categoría: Ficción
(Fantástico)
Info:
  • 3180 reproduccións
  • 51 fans
  • Publicado o 6/12/08
Comparte:
  • Código para a túa web:
  • Redes Sociais

Obra subvencionada pola Axencia Audiovisual Galega

Captura da portada
É noite. Dous ladróns tentan roubar no interior dun vello Seat Ibiza aparcado no porto. Pero o coche sabe como defenderse deles...
Duración:
9:41
Ano:
2006

Novas

  • Auga galardoada no festival arxentino Al Extremo

    18/12/2008 Primeira mención internacional para Auga, desta volta en Río Gallegos (Arxentina).

  • A incansable corrente de ´Auga´, de Ozo, percorre o mundo

    1/09/2008 Auga, de Ozo, está sendo unha das curtas galegas máis viaxeiras nos festivais internacionais. Nos vindeiros días representará a Galicia en Huesca, California, Bretaña Francesa, Xapón e Ourense. Estas son as vindeiras citas desta curta subvencionada pola Consellaría de Cultura e Deporte no 2006.

  • El cortometraje gallego "Auga" estará en el Festival de Sapporo (Japón)

    18/06/2008 "Auga" es una de las 133 obras seleccionadas entre las más de 2.300 que se han presentado al certamen japonés, que se celebrará en el mes de septiembre. El corto de "Ozo" ya ha participado en más de 15 festivales españoles y fue también seleccionada recientemente en el Festival de Cine Fantástico de Neuchatel (Suiza), donde es la única obra española a concurso.

  • ‘Auga’, o risco de roubar a un coche

    8/06/2008 A curta de ‘Ozo’ foi seleccionada para participar en festivais internacionais como o Neuchâtel suízo ou o Clermont Ferrand francés. O director vigués xoga co suspense até chegar a un final abraiante. “É unha historia sobre a claustrofobia”, di o cineasta que asina o seu segundo traballo despois de case 15 anos no audiovisual.

  • Estrea da curtametraxe ´Auga´ o 14 de setembro

    11/09/2007 Auga é unha curtametraxe de Xosé Antón Perozo Porteiro que vai a estrarse o vindeiro venres, día 14, ás 22h00, no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

Galería de imaxes

Outros videos

Esta curta pertence a:

Ozo Perozo

Fans:

Facerme fan

Comentarios:

31 comentarios
Só mostra os 5 comentarios máis recentes Ver todos
Reidotoxo 9/12/2008
Incontestable a interpretación de Marcos PTT. E como carallo farían para encher un coche de auga?
Ozo Perozo 9/12/2008
o making of:
www.youtube.com/watch?v=Z1R_Dg2cEls
agardo incluilo aqui cando "reclame" a curta.
marcos ptt 9/12/2008
moitas grazas! pero hai pouco de interpretación, durante uns intres pensei morrer de veras, jejeje. pero ainda que só se me ve a min, preguntalle a Tanis, que levaba a mangueira en pelotas en pleno novembro sadense!! Ese é o verdadeiro heroe silencioso da curta!
Bo traballo Ozo, e boa interpretació a de ptt.
Pachi Baranda 12/12/2008
Execelente. Unha boa idea e ben resolta! Un brindis! (Con auga non!)
María Yáñez 13/12/2008
Que pasada en HD!
Flocos 14/12/2008
Dicide, que tal se ve "Auga" en HD? Tárdavos en cargar? Notades a diferencia?
Juan de Oliveira 15/12/2008
Tárdame un chisquiño en cargar... teño 2 mb de baixada e teño que esperar.
A definición é espléndida. Pero vexo un pouco de estrobo e un pouco abruptos os cambios bruscos entre frames coma se estivérades usando unha forte compresión interframe.

En definición normal non semella ocorrer esto.
Juan de Oliveira 15/12/2008
Aproveito para felicitar a Juan Hernández, o responsable de foto segundo a ficha. En alta vese mellor o seu magnífico traballo.
Flocos 15/12/2008
A curta está a 3000kbps + 128 de audio, polo que precisa dunha conexión de máis de 3 megas para verse sen esperas para cargar (foi testeada sen paradas en conexións de 6 e 9 megas).

Estamos investigando para proporcionar a maior calidade en HD que permita o Flash, xa que -aínda que mellora con cada versión- a pureza de visionado depende de moitos factores. Por iso vos agradecemos os vosos comentarios sobre este tema. Un saúdo.
Laesponja 16/12/2008
Opino que a compresión está ben, non percibo paradas de ningún tipo (excepto as propias da cutrexión de 3Mb de Telefonica)
abelardo rendo rial 17/12/2008
caralluda tu!!!
Tivo que costar o seu encher un coche de auga, e dicir, sellalo.

¿Non?
Ozo Perozo 20/12/2008
Xa che digo. Xa puxen o Making aqui (debaixo das novas e as fotos) para quen teña curiosidade.
Nano Besada 14/01/2009
Boisima curta!
Pepe o dos Queixos 22/01/2009
Pónseme o kerning coma escarpias cos títulos de arranque...
Laesponja 23/01/2009
Precisamente o do "kerning" que comentas está feito a posta.
Bea Gradín 1/02/2009
Pete!!! vas ter que buscar un dobre para este tipo de esceas, jajaja!!!

Moi chulo Ozo, noraboa a todo o equipo!
Lembroume un pouco a "La cabina", inda que a min (mitoloxías cinéfilas aparte) gústame máis esta "Auga". Noraboa
Ozo Perozo 20/02/2009
moitas grazas por eses piropos!
Fran Estévez 3/03/2009
Xa o vira tamén no Curtocircuito. Foi un dos 3 que máis me gustou.
Roi Carballido 16/03/2009
Está moi ben, unha boa idea para unha boa curta. Vése que che gustou "Cristine", hehehe.
Ozo Perozo 29/03/2009
Un bo dato a favor de FLOCOS. Esta curta en Youtube, nun ano, tivo 2500 visitas. En Flocos, en pouco máis de tres meses, case 1500. E non é das mási vistas!
Calvario 25/06/2009
Qué medo! Boa música, interpretación, ritmo... Encantoume.
Calvario 25/06/2009
Qué medo! Boa música, interpretación, ritmo... Encantoume.
Calvario 25/06/2009
No sei por que me saen repetidos os comentarios. Pódense borrar?
Calvario 25/06/2009
No sei por que me saen repetidos os comentarios. Pódense borrar?
Calvario 25/06/2009
No sei por que me saen repetidos os comentarios. Pódense borrar?
Jorge Coira 24/11/2009
Si, señor...
Ozo Perozo 6/12/2009
En vista de que Flocos xa deixou de engadir curtas, informo de que podedes ver a miña anterior aqui mesmo, indo para abaixo nesta páxina.
Para poder comentar tes que estar rexistrado e acceder a flocos. Accede se xa estas rexistrado ou rexístrate se non o estás.

Flocos é un produto da Axencia Galega das Industrias Culturais

Contacto | Licenza | RSS