Un home inadaptado senta nun bar a reflexionar sobre a vida e sobre os parroquianos do bar. O bar non é outro que o Berberecho, situado nunhas galerías do ensanche compostelán. Esta curta estivo nomeada á mellor curtametraxe nos Mestre Mateo 2002. O seu director ultima a súa primeira longamentraxe, Setembro.
29/07/2008
O pasado sábado pola mañá tivo lugar na Biblioteca Municipal de Cerveira o desenvolvemento do Fórum de Creadores onde se presentaron seis proxectos. Segundo o xuri o proxecto gañador foi Berberecho II de Xosé Manuel Bazarra Maneiro ´Sepi´
maravilhosa curta e que mítica, que saudades levava de a ver. Optima ideia este armazem de curtas. Que craques aí juntos. Grande abraço para o Sepi e para todos os outros protagonistas
Tes puntos bos. Arquetipos fáciles pero ben trazados. Unha curta sen pretensións. Os tipo debérono pasar ben traballando e nós, a verdade, tampouco non se pode dicir que o pasemos mal vendo o resultado. Pasa.
Para poder comentar tes que estar rexistrado e acceder a flocos. Accede se xa estas rexistrado ou rexístrate se non o estás.