Esta peza é unha especie de videoclip concebido coma homenaxe aos emigrantes. Conta o drama do camiño e o camiñante.
Ten música de Fuxan os ventos, Amancio Prada e Benedito, e levou o segundo premio no IX Certamen de Cine Aficionado de Vilagarcía de Arousa, 1980.
2/04/2009 Esta fin de semana en Flocos.TV teremos ocasión de asistir a unha viaxe espectacular polo tempo. Tratase de sete pezas producidas en super 8 mm na década dos setenta nas terras do Deza polo grupo amador: Deza Cine Popular Galego. Son filmes moi pouco coñecidos que abordan temas locais de moi diversa índole pero cunha perspectiva popular.