Carne de canón

» Darío Fernández Ignacio, 2006
Categoría: Animación
(2-D)
Info:
  • 486 reproduccións
  • 2 fans
  • Publicado o 6/12/08
Comparte:
  • Código para a túa web:
  • Redes Sociais

Obra subvencionada pola Axencia Audiovisual Galega

Captura da portada
Carne de canón é unha obra de animación de carácter experimental cun singular aspecto artístico-estético. Non se trata dunha animación realista de personaxes perfectamente proporcionados. O estilo visual recordaranos, dalgún xeito, as pinturas de Luís Seoane mesturadas cos detalles abstractos da cerámica do Castro de Isaac Díaz Pardo. Carne de cañón é unha historia de aventuras, enmarcada nunha illa do Caribe no século XVII, que trata sobre a escravitude, a colonización e o choque entre dúas formas de entende-lo mundo.
Duración:
9:36
Ano:
2006

Novas

  • A animación galega no Festival Internacional de Marionetas e Cinemas de Animación de Viana do Castelo

    24/11/2008 Nos próximos días, ata o venres, o Festival Internacional de Marionetas e Cinema de Animación de Viana do Castelo ofrece o programa dedicado ás produccións de animación galega destes últimos anos. A selección está integrada pola diversidade temática e técnica d´A flor máis grande do mundo de Juan Pablo Etcheberry; 1977, de Peque Varela; Leo, de Fernando Cortizo; O ataque dos Kriters asasinos, de Sam Orti; Carne de cañón, de Darío Fernández; Homeless, sen teito, de Diego Méndez; Minotauromaquia, de Juan Pablo Etcheberry.

  • A animación galega protagonista do II Encontro Baiano de Animação (Animaí)

    21/08/2008 A Axencia Audiovisual Galega foi convidada polo Instituto Cervantes de Salvador para participar no II Encontro Baiano de Animação, o Animaí! A Axencia Audiovisual galega fixo unha escolma entre as curtas de animación de Galicia realizados nos dous últimos anos.

  • CAFÉ & CHURROS: ´Carne de Canón´, eloxio á acción pura

    1/07/2007 É venres, estamos ás portas dun fin de semana prometedor mais tamén é o momento de deleitarse co Café & Churros. Nesta ocasión ven algo remexido, a escolma de Lois Ribeiro é a curtametraxe Carne de canón de Darío Fernández e José Enrique Fernández, un filme que, segundo o noso crítico, é “un exercicio maiúsculo de sincretismo narrativo”.

Galería de imaxes

Fans:

Facerme fan

Comentarios:

0 comentarios
Para poder comentar tes que estar rexistrado e acceder a flocos. Accede se xa estas rexistrado ou rexístrate se non o estás.

Flocos é un produto da Axencia Galega das Industrias Culturais

Contacto | Licenza | RSS