Obra subvencionada pola Axencia Audiovisual Galega
Cándido é un neno de sete anos que se aburre no seu carto... ata que se lle ocurre a que xogar.
Historia fantasiosa e chea de ironía que trata de reflexionar sobre a forma en que os nenos perciben a realidade.
28/09/2007 Lembrades aquela actividade que se realizou nas dependencias da Fnac Coruña chamada Intertextos?. A proxección da curta CARTOONS de Giselle LLanio e posterior debate con Carlos Portela foi un formato anovador moi interesante. Se daquela non poideches estar presente podes baixar a gravación da conversa en vídeo.
12/05/2007 Neste interludio de distensión no que se converteu esta cita semanal, hoxe tócalle a quenda a Cartoons de Giselle Llanio Rosabal. Esta é a curtametraxe na que se fixou Lois Ribeiro por que, segundo o noso colaborador, é un "perfecto artefacto que permite un estudio detallado sobre a construcción de imaxinarios".
7/05/2007 Mañá martes, 8 de maio, vai ter lugar na Sala Nasa de Santiago de Compostela a estrea da curtametraxe Cartoons de Giselle Llanio Rosabal. Unha curtametraxe realizada grazas a axuda económica da Consellaría de Cultura e Deporte e a Secretaría Xeral da Igualdade.