Traballo realizado en colaboración coa empresa Dygra Films e a instancias da Concellaría de Urbanismo da Coruña. Esta produtora realizou unha interpretación do estado orixinal do castro, hoxe en ruínas, e solicitou a colaboración do videaLAB para adaptar o modelo realizado por eles de xeito que puidese ser mostrado en tempo real, facilitando así o percorrido á vontade do usuario.
Para engadir maior realismo, a aplicación informática que visualiza o modelo incorporou os últimos shaders dispoñíbeis no actual hardware gráfico, de maneira que se poden observar texturas con rugosidade, lume, fume, etc. Todo iso dota a simulación dun aspecto altamente realista, buscando os límites do que pode ser hoxe obtido en calidade visual para tempo real.