Nunha aldea da Galicia profunda, dous homes dispútanse a hexemonía do lugar. Son “o frebas”, dono da carnicería, e “o cuncas”, rexente da taberna. No medio deles, o párroco, Don Perpetuo, que exerce de confidente e mediador entre ambos. Un dos homes recibe un pedido de chourizos e augardente dun mafioso coruñés, tendo que asociarse co outro e intercedendo entre os dous Don Perpetuo, que descobre un bo negocio para quedar co control da aldea.
- Duración:
- 10:35
- Ano:
- 2003