Estruturada en dous capítulos, segundo un esquema de cinema de correspondencia, onde a realizadora galega lle pide á cubana que vaia filmar na vila natal da súa nai, o que está fai, retratando con imaxes actuais e de arquivo o Cienfuegos daquela época. Na segunda parte, máis intimista, Margarita Ledo emprende unha viaxe emocional polas lembranzas da súa nai na casa familiar da Terra Cha.
Peza realizada dentro do proxecto "Opticas cruzadas"
21/01/2009 O Cineclube de Compostela volve organizar unha sesión dedicada ao cinema galego, coa proxección do filmes de Margarita Ledo Cienfuegos 1913 e Para Lister. A sesión, que vai ter lugar este mércores 4 de xuño, vai contar coa presenza da directora, que ven de recibir o Premio Nacional da Cultura Galega na categoría de Cinema e Audiovisuais, para comentar estas dúas fitas co público asistente. A proxección vai realizarse, como sempre, no horario das 22h00, no Centro Social O Pichel (Santa Clara, 21).
13/01/2009 O proxecto "Opticas cruzadas" foi deseñado por Comba Campoy García como parte da programación audiovisual da Feira do Libro da Habana, orgaizada pola Consellaría de Cultura e Deporte.