Obra subvencionada pola Axencia Audiovisual Galega
Cousas do Kulechov é unha curtametraxe experimental que baixo a inspiradora luz de L. V. Kulechov, tentamos pór a proba a elasticidade da montaxe para chegar a unha reflexión en torno á fraxilidade e a veracidade do que vemos e escoitamos.
Nun percorrido pola paisaxe, as costumes e a actualidade galega, presentamos un suposto conflito bélico onde o exército invasor ataca as costas galegas. Así, construímos un fake ou "un falso documento" no que a flota de guerra son as bateas ordenadas sobre a ría, o asalto ás praias; as mariscadoras entrando no mar, as bombas; os petardos e foguetes das festas, etc.
27/10/2008 A ópera prima Cousas de Kulechov vén de gañar o Premio ao Mellor Curtametraxe Experimental do Riviera Maya Underground Film Festival, 2008, en México. O premio consiste nunha bolsa para un curso de cine e animación.
31/07/2008 A afamada peza de Susana Rei segue colleitando éxito de crítica e premios polos festivais por onde se proxecta. O último premio que recibiu foi no CurtDoc de Vidreres en Girona. Esta cita coa produción documental premiou a curtametraxe Cousas de Kulechov co premio á Mellor Curtametraxe.
3/07/2008 Seguía facendo calor, mais o día ía a menos. Fulminamos en seguida unha cervexa e unha clara xunto unhas patacas fritidas e unhas olivas... Mais aínda faltaban preguntas, preguntas interesantes para afondar nos segredos e razoamentos derivadas dunha esixente maquinaria creativa…
2/07/2008 Xa non se podía retrasar máis. Tocaba falar cun dos creadores máis relevantes do audiovisual galego dos últimos anos. A directora da afamada COUSAS DO KULECHOV está a punto de estrear no Filminho a súa segunda curtametraxe: CONTRAFILMES. Un momento axeitado, pois, para intentar indagar nas inquedanzas que vertebran a súa procura artística. Aquí vai a primeira parte da entrevista…
16/04/2008 Polo que respecta á categoría Mellor Obra Experimental ou Interactiva nos Premios Mestre Mateo que se entregaron onte en Ferrol, o galardón foi dar a mans de Susana Rei polo seu filme Cousas do Kulechov.
5/03/2008 A creadora de Cousas do Kulechov falou con Vieiros sobre a súa curta, na que xoga coa a flexibilidade da montaxe.
18/12/2007 No número de decembro da revista Cahiers du Cinema-España faise un anuario do estado das curtametraxes do estado español en 2007. Neste informe aparece dentro da escolma do mellor do ano as curtametraxes galegas Cousas do Kulechov de Susana Rei e Pó de estrelas de Alberte Pagán.
21/09/2007 A impresionante curtametraxe da pontevedresa Susana Rei acaba de ser galardoada e recoñecida cunha mención de honor nun festival brasileiro. Esta curta realizouse ao abeiro da modalidade de axudas a "creadores individuais" da Consellaría de Cultura e Deporte.
22/06/2007 Desta quenda a Axencia do Audiovisual Galega ponse de gala servíndolle a vostede o Café & Churros máis selecto e refinado. Volve a este espazo de divulgación a nosa ben querida María Gondar quen hoxe afronta o comentario da curtametraxe de Cousas do Kulechov como se fora “a maior experiencia visual da produción galega do 2006”.
16/02/2007 Na cuarta entrega so ciclo A última xeración do cinema galego que se celebra en Berlín será un programa dobre no que se proxectará a curtametraxe As cousas de Kulechov da Susana Rei Crespo e a longametraxe 2050. How soon is now de Ruth Chao e Javier Silva.
Explicación do efecto Kuleshov na serie documental "Amar el Cine".