Cousas do Kulechov

» Susana Rei Crespo, 2006
Info:
  • 2283 reproduccións
  • 61 fans
  • Publicado o 16/12/08
Comparte:
  • Código para a túa web:
  • Redes Sociais

Obra subvencionada pola Axencia Audiovisual Galega

Captura da portada

Cousas do Kulechov é unha curtametraxe experimental que baixo a inspiradora luz de L. V. Kulechov, tentamos pór a proba a elasticidade da montaxe para chegar a unha reflexión en torno á fraxilidade e a veracidade do que vemos e escoitamos.

Nun percorrido pola paisaxe, as costumes e a actualidade galega, presentamos un suposto conflito bélico onde o exército invasor ataca as costas galegas. Así, construímos un fake ou "un falso documento" no que a flota de guerra son as bateas ordenadas sobre a ría, o asalto ás praias; as mariscadoras entrando no mar, as bombas; os petardos e foguetes das festas, etc.

Director:
Susana Rei Crespo
Duración:
21:01
Ano:
2006

Novas

Galería de imaxes

Outros videos

Fans:

Facerme fan

Comentarios:

19 comentarios
Só mostra os 5 comentarios máis recentes Ver todos
Marisa Otero López 16/12/2008
Que ben. Estaba desexando volver vela.
Sak 16/12/2008
Que boa!!
Berto Yáñez 16/12/2008
incrible, levanto pucho mil veces
ghanito 16/12/2008
Había un ano que quería ver esta curta :-)
Xabier Cid 17/12/2008
É flipante!!
Xabier Cid 17/12/2008
E supervoz en off!!
juanjo guimarey 17/12/2008
O inxenio feito arte.
Damch 17/12/2008
Susana, arrasas!!!!! nom sei que dizer. Encantoume.
Oscar Otero 17/12/2008
Do mellor que vin ata agora en flocos. Parabéns, Susana e todos os que colaborastes nesta curta.
Xavier 17/12/2008
Estupenda!
Lito 17/12/2008
Simplemente xenial. Moi bo relato, realización e narración, e sobre todo o valor moral da curta.
FELICIDADES, también al equipo técnico.. Realmente me he sentido como estar viendo un documental de II Guerra mundial.
Gracias por deleitarnos con este trabajo y espero que sigas así...
Alba Sotelo Leal 17/12/2008
UNHA CURTA BOÍSIMA!!!
Seném Outeiro 18/12/2008
Notable exercicio. Parabéns.
Arinspunk (AK) 18/12/2008
k-ralhuda!
Contaba con atopar algo bó, pero a realidade e que quedei impresionado. Parabéns a autora e resto do equipo...
Marcos Estebo Ortiz 11/02/2009
Moi Bo.
Juanjo G Rodicio 25/04/2009
É curioso. Lembro con gusto estar en Ribadeo cando era de recoller o que sería o teu primeiro premio no FEstival ONOFF, naquel café de coñecer ás autoras de curtas a concurso, con Jairo Iglesias incluso.
E agora confésome inspirado polo teu traballo, como público, e como afeccionado nalgo que estou a cociñar baixo ese concepto falso-verdadeiro, real-impostado.

Esto é a Cultura, en vivo movemento. Parabéns. Ainda non puiden ver os Micro...
sara ares cambeiro 31/01/2010
A min lémbrame aos filmes en branca e negra das primeiras invasións alieníxenas, en que se podía extraer unha mensaxe moral sobre o nefasto comportamento dos habitantes do planeta Terra. Neste caso a menxaxe está explícita, o antibelicismo. A maneira de empatar imaxes reais con contidos imaxinarios denota un grandísimo sentido do humor que agradezo moitísimo. Que os camelios do presente sigan dando tantas flores.
Para poder comentar tes que estar rexistrado e acceder a flocos. Accede se xa estas rexistrado ou rexístrate se non o estás.

Flocos é un produto da Axencia Galega das Industrias Culturais

Contacto | Licenza | RSS