Obra subvencionada pola Axencia Audiovisual Galega
A Bruno parece irlle todo ben na vida. Ten unha moza fermosa, unha vida acomodada e acaba de ser ascendido no seu traballo. Nada lle fai sospeitar que todo isto cambiará no momento en que coñece a Lilith, unha preciosa muller coa que pasa a noite. Ao día seguinte, unha serie de desventurados acontecementos farán que Bruno chegue á total tolemia.
Curtametraxe experimental en vídeo que fala acerca da multidimensionalidade do tempo.
23/10/2008 Segundo o seu director, Omar Rabuñal, "DA MAN DA RAÍÑA VERMELLA está que arrasa en todo o mundo". Esta curtametraxe de terror e suspense continúa a súa andaina por festivais internacionais.