Anxo e mais o seu compañeiro, operarios dunha funeraria perdida na memoria e no tempo dunha Galicia hipotética, acumularon tantas horas de traballo que se senten sen folgos para acometer un morto recén chegado. Anxo insta ao seu compañeiro a que se retire para enfrontarse el só ao novo cometido...
Baseada no relato La crítica de la ninfa Eco de Jorge E. Bóveda, publicado no libro Un intruso sonoro coescrito por Jorge E. Boveda e Valentín Barreiros.