Estiven en Galicia e lembreime de ti

» Juan Lesta, Belén Montero, 2006
Ciclos:
Esferobite
Info:
  • 2031 reproduccións
  • 45 fans
  • Publicado o 6/12/08
Comparte:
  • Código para a túa web:
  • Redes Sociais

Obra subvencionada pola Axencia Audiovisual Galega

Captura da portada
A proposta é a de reinterpretar dous dos conceptos identificativos da identidade galega como son a danza tradicional e a vestimenta rexional misturandoos con certo concepto hightec co que se quere vender Galicia ultimamente, e insertalos dentro dos decorados típicos cos que vense presentando o ideario da imaxe do galego. O resultado será unha peza de videodanza que servirá de reflexión sobre o que, e o como da promoción turística actual galega, e de como se pretende representar a imaxe galega fora das nosas fronteiras.
Duración:
3:07
Ano:
2006

Novas

  • Presentación de ´Estiven en Galicia, lembreime de ti'

    9/08/2007 Os artistas audiovisuais Juan Lesta e Belen Montero presentan no marco de ARTEC na Fundación Luis Seoane a produción experimental en videodirecto "Estiven en Galicia, lembreime de ti" o día 11 de agosto.

  • CAFÉ & CHURROS: ´Estiven en Galicia e lembreime de ti´ ou variacións sobre imaxes de identidade

    6/07/2007 Esta semana toca un Café con Churros con esencia, con claras intencións desmitificadoras sobre a cuestión da orixe. A nosa benquerida María Gondar acomete nesta ocasión a curtametraxe Estiven en Galicia e lembreime de ti de Juan Lesta e Belén Montero. Segundo a nosa colaboradora a súa curtametraxe é "un manifesto tecnificado contra as mitoloxías derivadas das construccións dun imaxinario".

Galería de imaxes

Esta curta pertence a:

Esferobite - DSK

Fans:

Facerme fan

Comentarios:

23 comentarios
Só mostra os 5 comentarios máis recentes Ver todos
...o día que este video se convirta en postal de cartón tradicional, volverei a mercar selos de correos... e máis se a falda está pegada en relieve!
Berto Yáñez 8/12/2008
non podo parar de velo :D
Juan Lesta 8/12/2008
sen a saia, pero postais si que temos, e todavía nos quedan, si me mandas o teu enderezo, enviote unha.
Juan Lesta 8/12/2008
por certo, na web de este video, podese xogar ao GALICIAN INVADERS.

esferobite.com/estiven

Premede en "O XOGO"
Marcos Nine 10/12/2008
E a web mola moito :)
Hipnótica.
Xabier Cid 11/12/2008
Pois eu querería unha postal desas...
é fantástico!
Isto xa é un clásico da comtemporianidade Galega..
Esferobite - DSK 11/12/2008
Esferobite - DSK INFORMA:
Regalamos POSTAIS OFICIAIS da nosa peza.
Para celebrar que hoxe estamos na portada, a todo aquel que deixe o seu correo aquí, ou ben nolo pida en info@esferobite.com. Lle enviaremos de balde unha postal.
¡¡¡apurade que se acaban!!!
Eu quero postal ;)
María García 11/12/2008
Encantoume a curta.
Mariano Grueiro 12/12/2008
gustoume moito o traballo encol da iconoloxia e iconografias galegas, pasadas e presentes. )Tamen traballo o redor dunha nova gramatica da imaxe galega.)

ah! apuntome tamén a postal
grueiro@enderezo.com
parabens!
Xornal Certo 12/12/2008
perdoade a ignorancia, pero esto non o patrocina tartas Ancano? pareceume ver o logo por aí. E a nena esta o que baila non é muiñeira, non é?
Marcos Nine 21/12/2008
Noraboa pola expo "Codeco" pareceume unha reflexión moi acertada e ó mesmo tempo divertida.
ivan marcos 29/12/2008
Aplicable ó turismo de todo tipo. Acojoname que me resulte tan ameno de ver. Parabéns
marta eiriz 14/01/2009
XENIAL. Encantame o argumento
Non me acaba de convencer, se cadra é que non estou preparado. Ao meu parecer chegaba con que durase 2 minutos e medio.
Pepe o dos Queixos 22/01/2009
menudo tripi tomachedes
furallefalle 22/01/2009
eyyyyyy
Esferobite - DSK 28/01/2009
Para aqueles que solicitaron postais no seu dia... acaban de sair de camiño. esperamos que vos gusten.
Os lugares estám mui bem escolhidos, encanta-me. As vacas deverom flipar, vaia paranoia.
xosé ramón nóvoa 26/02/2009
Quizáis unha das máis descolocantes videorepresentacións de Galicia... unha pasada total... e a música... NON A PODO QUITAR DA CABEZA!!!! :)
Roi Carballido 16/03/2009
marabilloso ! Seguide cas vosas creacións. Traballos así son indispensables para un audiovisual sano e plural !
Para poder comentar tes que estar rexistrado e acceder a flocos. Accede se xa estas rexistrado ou rexístrate se non o estás.

Flocos é un produto da Axencia Galega das Industrias Culturais

Contacto | Licenza | RSS