Obra subvencionada pola Axencia Audiovisual Galega
Do mesmo xeito que cada un conta a feira segundo lle vai nela, os protagonistas desta curta (aínda que ben poderiamos falar dunha mini-longametraxe) contan a súa historia mediante o xénero cinematográfico que máis os define.
A trama principal sitúa ós políticos á altura dos grandes gángsteres e ós funcionarios nun trepidante mundo de intrigas e corruptelas. Pero ademais das bazas clásicas do cine negro como son a violencia e as persecucións, a curta conta con grandes doses de amor, suspense, música, baile, sexo... e todo mesturado a través do humor.
Despois da curta de cine mudo "Coco e Bobo de paseo pola realidade", o mesmo equipo técnico e artístico (dentro do posible) xuntámonos de novo para xogar a facer cine nesta produción moito máis ambiciosa. Gominola de Can avanza 40 anos para chegar á época dourada de Hollywood. Pero non xa contentos con parodiar un xénero atrevémonos con tres.
23/07/2007 Hoxe, ás 21h00, na Sala Nasa de Santiago de Compostela vai ter lugar a estrea conxunta de dúas curtametraxes; FORMULARIOS TRUCULENTOS de José Luis Díaz García e KATIUSKA (OS CORPOS AGRÍCOLAS) de Antón Coucheiro Filde.
21/09/2006 José Díaz es un joven coruñés dedicado a la producción en Tres Deseos Animación pero que también ha participado como productor en eventos como el último Festival D'Gorra organizado por PistaCatro. Después de haber cosechado buenos resultados con su primer trabajo, 'Coco & Bobo, un paseo pola realidade', Jose ha podido abordar este nuevo proyecto en el que mezcla el cine negro y el musical en un ambiente propio del cine de los años 40 y 50.
Esta curta pertence a:
Jose Díaz García