Galicia 2098

» Edu Lavandeira, 2008
Categoría: Ficción
(Fantástico)
Info:
  • 2910 reproduccións
  • 17 fans
  • Publicado o 6/12/08
Comparte:
  • Código para a túa web:
  • Redes Sociais
Captura da portada
Galicia 2098 é unha curtametraxe futurista que imaxina un futuro sen coches voando, sen teletransportación, sen clonacións humanas, pero tamén sen galego.
Director:
Edu Lavandeira
Duración:
7:12
Ano:
2008

Novas

  • ‘Galicia 2098’: a extinción do galego é máis que un pesadelo

    3/08/2008 O realizador vigués Edu Lavandeira leva ao cine a polémica aberta nos últimos meses sobre o descenso no emprego do idioma do país. Para iso, cun presuposto de cero euros e con actores non profesionais, fai unha chamada de atención aos castelanfalantes de Galicia para que reaccionen ante a insistente pregunta que lles suxire o hipotético último falante de galego: “¿Vasme deixar morrer aquí?”

  • Estrea de ´Galicia 2098´ de Edu Lavandeira

    4/07/2008 Mañá sábado 5 de xullo estrearase en Vigo, e en exclusiva para o equipo, a polémica curtametraxe GALICIA 2098 , do vigués Edu Lavandeira. A estrea será ás 20:30 no pub de Vigo “Olalá".

  • Unha curtametraxe prognostica a extinción do galego

    19/05/2008 Con motivo do último Día das Letras Galegas o pasado sábado, o director de cine vigués Edu Lavandeira decidiu pendurar no YouTube a primeira mostra da súa curtametraxe Galicia 2098.

  • Galicia 2098, unha curtametraxe sobre a extinción do galego

    16/05/2008 A nova curtametraxe do director vigués Edu Lavandeira amosa unha visión aterradora sobre a situación do galego no futuro. Con motivo do Día das Letras Galegas, os seus creadores van pendurar no Youtube o primeiro trailer da cinta.

Fans:

Facerme fan

Comentarios:

3 comentarios
Marisa Otero López 11/12/2008
Espero que sigas traballando sobre este tema. Eu apóiote.
Xavier 11/12/2008
Encantoume a tÚa curta , Edu, e gustoume moito o que dixeches na gala de "Curtas na rede". Ah, e moi boa "La pelea"
Moi boa, Parabéns pola curta e pola temática elixida. Da para moito esto,e é un problema pouco consciente na sociedade.
Eu fixen un traballo, de 3 minutos e pouco, pero con medios caseiros, sobre a lingua tamén, e creo que máis se deberían facer.
Parabéns,moi boa.
Para poder comentar tes que estar rexistrado e acceder a flocos. Accede se xa estas rexistrado ou rexístrate se non o estás.

Flocos é un produto da Axencia Galega das Industrias Culturais

Contacto | Licenza | RSS