Homenaxe á Torre de Hércules

» Juan Lesta, Belén Montero, 2004
Ciclos:
Esferobite
Info:
  • 126 reproduccións
  • 2 fans
  • Publicado o 24/4/09
Comparte:
  • Código para a túa web:
  • Redes Sociais
Captura da portada

Vídeo creado a partir dos debuxos de Luís Seoane do libro “Homenaxe á Torre de Hércules”.

Luís Seoane, de neno, ve dende os arredores da torre de Hércules na Coruña as distintas escenas que anos máis tarde plasmaría en papel e viaxarían por todo o mundo.

A idea do bucle pecha e abre unha historia que se repite na loita do artista por manter o contacto con Galicia continuamente a través da súa vida. O libro que realmente viaxou por distintos continentes, ao final recaeu na exposición da súa Fundación e volveu á Coruña a finais do 2004.

O vídeo está producido pola propia Fundación Luís Seoane e é a primeira vez que se publica na rede.

Duración:
4:37
Ano:
2004

Galería de imaxes

Esta curta pertence a:

Esferobite - DSK

Fans:

Facerme fan

Comentarios:

2 comentarios
Mundos asolagados por a influenza do mar que debuxan na imaxinación de Seoane, un facho de luz que permite ver mais aló da superficie corporea do que nos rodea...Auga, azul, evocación do movemento, entropía na dinámica de fluidos, a fonte da vida: a creación plástica. Grazas por unha peza que revirte na orixe da reflexión do xérmole, vórtice que irradia plasticidade.
Está xeitosa. Non obstante, non achega nada novo. O que Seoane tiña que dicir, escribir, debuxar e recompilar, xa o fixo el. Obra abonda a súa. Non lle vexo moito aquel a un vídeo, malia que ben feito, cos seus debuxos. Como detalle: fíxome graza a respiracións dos personaxes. 4 minutiños entretidos, sen máis.
Para poder comentar tes que estar rexistrado e acceder a flocos. Accede se xa estas rexistrado ou rexístrate se non o estás.

Flocos é un produto da Axencia Galega das Industrias Culturais

Contacto | Licenza | RSS