Linguas cruzadas

» María Yáñez, Mónica Ares, 2007
Categoría: Documental
(Social)
Info:
  • 3619 reproduccións
  • 36 fans
  • Publicado o 15/5/09
Comparte:
  • Código para a túa web:
  • Redes Sociais
Captura da portada

En que fala a mocidade galega e por que? Perviven os estereotipos que marcan os falantes de galego ou de castelán? Existe conflito por culpa da lingua? Que lle falta ao galego para estar normalizado? Que futuro lle espera? Linguas cruzadas é un documental de 50’ que afonda na cuestión sociolingüística a través da xente nova, da primeira xeración da historia que tivo o galego como lingua oficial.

Xente de menos de 30 anos que creceu aprendendo galego na escola e escoitándoo na TVG e na RG. Co convencemento de que as experiencias e opinións desta xeración son clave para entender o estado actual da lingua e os retos para o futuro, o documental recolle as opinións de máis de 35 persoas, centrándonos en 5 personaxes que representan outros tantos paradigmas de falantes na mocidade actual.

Duración:
49:54
Ano:
2007

Novas

  • As contradicións da 'xeración Songoku'

    1/06/2007 Non son académicos nin lingüistas nin políticos. Non están obrigados a ser correctos nin a quedar ben co tema da lingua, cando menos de maneira consciente, aínda que hai algo nas súas cabeciñas que lles di que o galego está moi ben, que non debería perderse e que o habería que falar máis. Que o falen ou non é outra historia, moi distinta da de seus pais.

  • 'Linguas cruzadas': documental sobre a mocidade e o idioma

    16/05/2007 Céntrase na vida de cinco menores de 30 anos que medraron aprendendo galego na escola e escoitándoo na televisión.

Galería de imaxes

Fans:

Facerme fan

Comentarios:

10 comentarios
Só mostra os 5 comentarios máis recentes Ver todos
ghanito 16/05/2009
ESte documental tiña que ser proxectado nas convencións de GB, para que viran o pais no que viven. Ou case mellor no Parlamento.
Juanma Regos 16/05/2009
"Traballar po lo noso idioma i en favor da normalización da nosa lingua en todo o territorio galego, pra espallalo despois po lo mundo adiante, como o fixeron os nosos ilustres antepasados a través das diferentes artes....
Que entendan que o falar ben o galego enriquece, como enriquece falar ben o castelán, o inglés, o francés...., ou calquera outra lingua.... Cantas mais linguas se falen, mais libres i tolerantes seran os que nos sucedan.... ue éstos vexan no idioma galego, un elemento identitario....., diferenciador; pero a vez enriquecedor e integrador no conxunto do estado español...., onde se falan CATRO LINGUAS: Castellano, Galego, Catalán i Euskera.....

lacomunidad.elpais.com/mis-reflexiones-y-sentimientos/post
Esta paxina esta chea de halagos faciles, por eso eu adoito dosificalos. No caso deste documental teño que dicir que e unha peza excelente, e necesario e con momentos exquisitos. Non deixedes de facer unha boa distribucion del, porque merece moito a pena. Pode que con el, cambiedes a opinion de moita xente que vive confundida. Parabens!!
A liberdade da fala é precisamente eso un exercicio de plena decisión persoal e intransferible por imposición. O documental ten unha estructura fluida que aporta veracidade ós seus testimonios, o traballo infográfico é excelente aportando consistencia á narración. Vivimos nun crisol de culturas onde a lingua permanece viva, evoluciona en paralelo á sociedade plural e dinámica. Dende Galiza e para Galicia en Galego.
Un sobresaínte.
Parabéns.

Únome ao que xa está escrito noutro comentario: por favor, que se faga unha boa distribución desta peciña.

Sempre en galego.
María García 19/05/2009
Alégrame que se incluíra este documental. Tivo moita repercusión no seu día e fixo reflexionar sobre a lingua a persoas que non adoitan facelo. Debería distribuírse por todos os Institutos de Secundaria.
Valentín Barreiros 23/05/2009
Encántame a sensatez da xoven estudante coreana Lilian Lee "eu estou en Galicia, entón é normal aprender o galego"... Esto si que é normalizar unha lingua. Moi bo o comentario de Juanma Regos.
Parabéns as persoas que fixeron posíbel este fantástico e necesario documental.
Marcos Nine 26/05/2009
Tiñan razón os que dicían que a xente que fala en español do docu está "peor iluminada" :)
Valioso documento.
Juanjo G Rodicio 18/06/2009
De soberana actualidade a mediados de xuño de 2009

En todo caso. Se o que é non deixa de ser. Que queda? Soñar? Crer nos reises?
Para poder comentar tes que estar rexistrado e acceder a flocos. Accede se xa estas rexistrado ou rexístrate se non o estás.

Flocos é un produto da Axencia Galega das Industrias Culturais

Contacto | Licenza | RSS