Obra subvencionada pola Axencia Audiovisual Galega
Lobos sucios é a historia dunha época na que nazis e aliados libraban unha singular batalla na Galicia do interior en plena II Guerra Mundial. É a revolución mineira do wólfram (wolf=lobo, ram=sucio) que se descobre a partir do desenterro dun corpo, do desenterro de memoria e do desenterro dunha lenda...
Coa participación do escritor Manuel Rivas.
6/10/2008 O documentario de Memoria Histórica LOBOS SUCIOS , de Felipe Rodríguez, conseguiu o Premio Retino Doc do Festival de Ponferrada outorgado polo público. Esta curtametraxe foi subvencionada pola Consellaría de Cultura e Deporte.
5/05/2008 O paso da mediametraxe LOBOS SUCIOS de Felipe R. Lameiro polo Festival de Tribeca en Nova York deixou esta pegada do escritor Matías Antolín.