Unha reflexión sobre a mirada e a globalización. Un ollo no país dos ollos descobre o televisor. Axiña descubrirá tamén o seu poder e capacidade de influencia na sociedade.
Animación en stop motion realizada con obxectos cotiáns. Foi a primeira curtametraxe de animación que se fixo en Galicia.
27/03/2009 O cineclube do audiovisual galego, Flocos.Tv, engade ao seu catálogo -xa con 250 títulos- un conxunto de pezas realizadas na década dos 90 na Escola de Imaxe e Son da Coruña reunidas baixo o título “EISperimenta”. Tal como indica o nome do ciclo, o común destas nove pezas que se poderán ver a partir desta fin de semana é a libertade creativa e a experimentación con novas formas de facer cinema daquel tempo.