Animación en plastilina baseada en textos de Eladio Rodríguez González. Cansa do escaso resultado da medicina convencional, unha nai decide pedirlle axuda á Meiga do Castro para refacer o seu fillo raquítico. A Meiga do Castro axudará -previo pago dun porco- a curar a doenza do rapaz. Pero axiña se verá que as cousas non son como parecen...