Desde que marchou de casa sen dar ningún tipo de explicación, Alicia deuse conta de que non estaba facendo o correcto. E, pouco a pouco, a verdade irá vendo a luz, traendo consigo as peores consecuencias.
Desde a incomunicación, a soidade, a adicción... ata o amor. Esta curtametraxe ofrece un cúmulo de sentimentos retraídos, inhibidos, a través da vida de tres persoas, apoiándose nas sobresaíntes interpretacións do seu elenco de actores.
26/05/2010 Aquí puede verse el montaje final de "Nada", de 20 minutos de duración.
9/04/2009 A curta "Nada", dirixida por Diego Pazó, proxectouse na sección "Variacións Ficcionais" do Festival Cineuropa 2008.
9/04/2009 A Tesis Final de Diego Pazó, "Nada", proxectouse, xunto con máis curtas galegas, na sección "Panorama Galicia" do XIII Festival de Cine Internacional de Ourense.
9/04/2009 Tras quedarse na preselección dos Mestre Mateo 07, e conseguir unha nominación como mellor curta profesional no III Certamen de NOESSO, "Nada" foi seleccionada na X Mostra de Curtas Vila de Noia, onde opta a ser premiada como mellor curta en vídeo.
Aquí pódese ver o tráiler da curta.
Aquí pódese ver outra curta de Diego Pazó. Máis información en: http://www.axenciaaudiovisualgalega.org/public/index.php?seccion=oficinaproduccion/ficha_proyecto.php&id_proyecto=1946&fase=4
Esta curta pertence a:
Diego Pazó