Obra subvencionada pola Axencia Audiovisual Galega
19/02/2008 Un ano máis a animación volve a dar unha ledicia ao audiovisual galego. ´O ataque dos kritter assesinos´é unha parodia sobre o cinema de monstruos de serie B que encheu as pantallas dos cinemas na década dos 80 e os 90. Esta curtametraxe realizada en stop-motion ven a recompensar os esforzos de IBcinema en facer curtas de animación que toca no xénero de terror. Así, nesta liña tamén posúen a curtametraxe, premiada en varios festivais, que leva por título The Werepig.
12/02/2008 A curtametraxe de animación en stop motion O ATAQUE DOS KRITERS ASASINOS, rodado pola produtora coruñesa IB Cinema, sigue colleitando premios, ao gañar este fin de semana o seu décimo galardón, no festival de cinema de Estepona, onde alzouse co premio ao mellor traballo de animación.