Recreación libre das aventuras de varios persoaxes do cadro de Velazquez "Las meninas", en especial das relacións especiais entre a Infanta e o bufón.
Todo está en calma. Os lenzos descansan nas paredes do museo. Nunha delas, o propio Velazquez se prepara para pintar un lenzo de Felipe IV e Mariana de Austria. Un retrato familiar coa sua filla, a pequena infanta Margarita. Mais axiña, desde o interior dun dos cadros irrompe un bufón anano que corretea por toda a estancia do museo. O anano atrae a atención da Infanta, que abandona o seu cadro para xogar con él.
16/10/2007 A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas de España seleccionou dúas pezas galegas como candidatas ao Goya á Mellor Curta Española de Animación, segundo publica na súa web. Trátase de O bufón e a infanta, de Dygra Films, e A flor máis grande do mundo, de Continental.
2/10/2007 A curta de animación O bufón e a Infanta, dos estudios Dygra Films e dirixido por Juan Galiñanes, recibiu este fin de semana o segundo premio, na modalidade de animación dixital, do VIII Certame Nacional Fernando Quiñones, organizado polo Ayuntamiento de Cádiz.