O cazador

» Ángel Santos, 2007
Info:
  • 1110 reproduccións
  • 17 fans
  • Publicado o 20/4/09
Comparte:
  • Código para a túa web:
  • Redes Sociais
Captura da portada

Dous actores sobre un escenario baleiro construíndo uns personaxes. Un cazador e unha campesiña que se atopan nun prado co peso dunha relación pasada nas súas costas. A construción da emoción, a elaboración dunha ficción: da palabra á imaxe.

Adaptación libre dun relato de A. Chejov, O cazador é unha curtametraxe que se desenvolve en tres partes ben diferenciadas. En cada unha delas asisitiremos a unha das fases da creación do propio proxecto, partindo da lectura do texto que o inspira ata alcanzar o resultado da ficción final, evidenciando no camiño as pegadas do proceso creativo.

Duración:
24:57
Ano:
2007

Novas

Galería de imaxes

Fans:

Facerme fan

Comentarios:

9 comentarios
Só mostra os 5 comentarios máis recentes Ver todos
Martin Pawley 21/04/2009
Unha obra mestra. E ha de facer moitas máis, o bo de Ángel.
Tedio con ganas. Mala. Lenta. Chéjov, xa. Nin para o máis optimista. Non vale. Experimentalismo, realismo. Ai, que desfeita.
Xurxo González 21/04/2009
O tedio está moi infralorado a igual que está moi sobrevalorado o entretenemento sen máis. Para pasar o rato o circo parece unha mellor opción: con funambulistas, domadores, bestas e paiasos. Parabens Ángel!
Moi ben Ángel, esto marcha.
21/04/2009
Impresionante.
Nin tediosa nin experimental nin realista.
É arte en estado puro.
Espero que este home poida facer moitas máis películas.
Enasio constructivo do nundo prolífico do teatro e a súa narración pausada cun tratamento escénico interesante por a súa simpleza e axustado fío conductor da exaltación do texto filmico, grazas por a perpetuación das sinerxias existententes entre teatro-cine.
Unha salvedade filolóxica por a influenza do castelán un Urogalo é unha Pita do monte, moi común outrora nas terras dos Ancares.
Pachi Baranda 26/04/2009
Paréceme unha moi boa. Non creo que sexa "experimental", como di Pere Portabella unha obra experimental éo cando non se sabe o que vai a sair do "experimento". Neste caso A. Santos semella telo claro, agasállanos coa súa ollada e é eso o que converte o cinema nunha arte.
Ariadna Camiño 7/05/2009
Esta curta foi unha sorpresa para min a primeira vez que a vin, no CGAI. Non contaba con ver algo tan bo. Unha xoia. Parabéns!
Ariadna Camiño 7/05/2009
Esta curta foi unha sorpresa para min a primeira vez que a vin, no CGAI. Non contaba con ver algo tan bo. Unha xoia. Parabéns!
Para poder comentar tes que estar rexistrado e acceder a flocos. Accede se xa estas rexistrado ou rexístrate se non o estás.

Flocos é un produto da Axencia Galega das Industrias Culturais

Contacto | Licenza | RSS