No medio dun clima de belicismo sen lindes, aínda hai un lugar onde se libra a máis fera das batallas: a psique do ser humano. Por riba da dor e da vontade, o cidadán 3398-MVB enfrontarase nesta historia claustrofóbica a unha verdade máis dura aínda: á súa real existencia sen outra alternativa que a da propia fuxida desesperada pero… cara a onde?
Porén, sempre hai alguén que se agocha nas sombras agardando a nosa debilidade para sobmeternos, para obrigarnos a habitar un cerco de inhóspitas formas cheo de medos e de odios... O Cerco da nosa memoria atormentada...
21/12/2007 O vindeiro domingo, 23 de decembro, ás 18h00, no Auditorio de Burela (Casa de Cultura), vai ter lugar a estrea da curtametraxe O cerco de Martiño Vázquez.
21/12/2007 Burela, a súa localidade natal, será escenario da estrea da curta O Cerco, a primeira obra do polifacético treintañero Martiño Vázquez, que combina a súa faceta empresarial no sector téxtil co mundo audiovisual, ao que quere dar o gran salto non só para dar renda solta aos seus estímulos artísticos, senón tamén como negocio, á vez que lle serve para saltar á palestra e dicir “catro cousas que teñen que dicirse” sobre a situación do audiovisual galego. E é que Martiño é, ante todo, sincero consigo mesmo.
7/11/2006 El pasado fin de semana a algunos cervenses les llamó la atención ver en la zona del río Xunco a su paso por Figueirido a personas vestidas de militares. Enseguida comprobaron que se trataba de un rodaje. Las cámaras han captado exteriores en el municipio, también en la playa de Rueta y el núcleo urbano de Cervo para O cerco. Es un cortometraje, obra iniciática del joven Martiño Vázquez, que se considera mitad cervense y mitad burelense.