“O Diario de Berto” xira en torno á historia dun neno que decide apuntar no seu diario todo o que lle vai contecendo: as relacións cos seus amigos e familia; e todo o vinculado ao seu entorno físico e social. Tamén os seus desexos e inquietudes, os pequenos problemas que resultan inmensos para el… É un neno dunha grande sensibilidade e imaxinación que quere ser astronauta, pero considérase a si mesmo demasiado feo, baixiño e pequeno para alcanzar o seu soño. A través dos seus ollos saberemos qué é a gravidade, por qué vai friaxe no inverno ou cómo funciona un avión, entre outras cousas.
- Duración:
- 13:52
- Ano:
- 2008