Terceira parte da triloxía O señor das mosquis, proxecto financiado por "Manos Unidas" que pretende amosar unha serie de valores esenciais como a solidariedade, a opción de respostas pacíficas ante os conflitos e a comprensión cara aos demais.
Nesta terceira e derradeira entrega, a campaña de información de Ho-Ho surtiu efecto: novas e concienciadas moscas únense á causa antiglobalización. Xuntos intentarán convencer o cobizoso Hu-Hu para que lles axude a restablecer a harmonía na cidade das moscas.
11/09/2008 O terceiro longametraxe do estudio de animación Dygra Filmes, Espíritu do bosque, estréase o próximo venres, 12 de setembro en máis de 200 salas de toda España, distribuída por Manga Films. O elenco de actores na versión española está encabezado por Luis Merlo, María Adánez e Juan Ibáñez e Damián Molla.