O tempo dos bullós

» Chus Domínguez, 2005
Info:
  • 1221 reproduccións
  • 13 fans
  • Publicado o 19/1/09
Comparte:
  • Código para a túa web:
  • Redes Sociais
Captura da portada
O devalar do outono nunha remota aldea do Caurel, na montaña luguesa. O tempo lento da choiva, o tempo do traballo no campo ou na casa, o tempo de mirar para o lume...
Director:
Chus Domínguez
Duración:
11:30
Ano:
2005

Novas

  • Semana Internacional de Cine de Valladolid. Conclusiones de la 50ª edición (2005)

    5/11/2005 Muy diferente de la anterior fue la última propuesta de la velada. 'O Tempo Dos Bullós' es un viaje a una pequeña población de la Galicia rural donde se puede apreciar cómo las formas de vida tradicionales se siguen manteniendo. Si en la pasada edición de la Seminci fue Aki Kaurismäki quien se acercó en el corto documental de 'Visions Of Europe' a Bico, un pueblo del norte de Portugal, ahora es Chus Domínguez quien retrata otro lugar relativamente cercano a aquél, en el que parece que el reloj avanza muy lento.

  • 16 proyectos de cortometrajes reciben ayudas del ICAA en la segunda fase de la convocatoria de 2003

    3/11/2003 Un total de 16 proyectos de cortometrajes recibirán ayudas del Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICAA) para su producción en la segunda fase de la convocatoria de 2003, por un importe de 120.000 euros. Las cantidades que percibirá cada proyecto oscilan entre los 3.000 y los 9.000 euros.

Galería de imaxes

Fans:

Facerme fan

Comentarios:

10 comentarios
Só mostra os 5 comentarios máis recentes Ver todos
xohán brión 20/01/2009
Atráeme o “pulso” da construción cinemática sonora e visual,unha cadencia marcada xa no inicio polos sons do rodamento do carro e das campaíñas,un ritmo que no discorrer da obra vainos a doar tempo para poder percibir.
Ao mirar e escoitar esta obra,as imaxes constantemente estanme a evocar outras de orixe xaponés ou chino (ben de filmes ou ben de estampas),dando lugar a un fluxo que se retro-alimenta nun e outro lado.Isto lémbrame a primeira vez que ollei Rashomon, só que daquela a sensación foi a inversa.Esta asociación persoal parece corroborala a cita coa que comeza e a cita coa que acaba o “documental”.E poño entre comiñas esa denominación porque,segundo a miña apreciación,esta obra amosa un enorme poder de fabulación aínda que mediante uns axentes distintos aos do relato ou narratividade.
Remato cunha reflexión,tamén persoal, sobre o uso do branco e negro:en xeral o seu uso paréceme,permitídeme o palabro, artistizante e estetizante.Ten que estar moi xustificado,como semella na presente. Obviamente unha das súas calidades e que nos remite ao pasado,máis non traes o pasado á actualidade,senón que é o actual o que sitúas no pasado...
Manolo Gonzalez 20/01/2009
Penso que é un fermoso poema visual sobre a paisaxe, os tempos, e a vida do outono no Caurel ou en calquera aldea galega. Unha ollada contemporanea, auténtica, fermosa e comprometida co devalar do tempo, con arrecendos de Uxio Novoneira. É unha peza exquisita, para ollar paseniñamente desfrutando do "tempo" e da maxia de imaxes coñecidas pero que ainda non "vimos"...Unha das curtas documentais mais interesantes que se poden ver en Flocos..
Enhorabuena, hacía tiempo que una peli no me trasmitía esta paz... El sonido, increíble, da gusto encontrar gente que se preocupe por él.

Me recuerda a Belovy (1993) del maestro tarao Viktor Kosakovsky.

Enhorabuena de nuevo.

Pela del Álamo
Alberto Lobelle 21/01/2009
Parabéns!! Na súa sinxeleza (que non simpleza) radica a súa beleza... Como case sempre, menos é máis. Unha marabilla.
Luis Avilés 21/01/2009
Parabens Chus sempre consigues que me levante e vaia a mirar pola ventana... O único que lle falta os teus traballos e que arrecendan...
Unha aperta.
Luis Avilés 21/01/2009
Ei levantome despois de velo eh!!
Roi Carballido 21/01/2009
Fantástico...Segue así!
Susana Malleiro 22/01/2009
Que paz !!!!... Noraboa Chus. Con imaxes asi quen necesita prozac ??
xohán brión 1/03/2009
...algo máis quixera engadir ( e esperaba eu que fora sinalado por alguén que soubese expresalo mellor,argumentalo mellor ),algo que me afectou singularmente: que aí estea,ao xeito da luz cambiante,entre o bater das pingas de auga e os vapores exhalados pola terra, enchoupado de humidade ese case murmurio: a fala presentada como modulación sonora, mergullada,disipándose e enriquecendo ao fenómeno meteorolóxico.E digo fala e non idioma xa que idioma podería ser un ou outro ( aínda que con matizacións ),refírome á forma en si de modular a voz e que presumo,co atrevemento da miña ignorancia,ven dada polo molde orográfico e meteórico dunha cultura ligada aos ciclos naturais e polas respostas dadas por esta ,en tanto moldear ou ser moldeada,no seu devir de erros,acertos e azares.Finalmente, contrastar o anterior cunha outra paisaxe contemporánea,da que participo e que conformo-confórmame en menor ou maior grao,deseñada a partir do dominio titánico da enerxía e por onde,coa rapidez eléctrica que lle é propia,discorre sen peso e sen duración o magma espectral de sons,imaxes e códigos e que,cun poder de erosión sen igual,está dando lugar,deu lugar, a unha nova forma (modulación) de fala: practicamente a mesma en calquera sitio.(Aínda que este tipo de paisaxe porte unha tendencia manifesta cara a atomización e a creación de novas linguaxes,semella até o de agora que ao pouco disólvense e son asimilados ao magma).
anne sophie 22/06/2009
Qué imagenes mas poeticas Chus!
Para poder comentar tes que estar rexistrado e acceder a flocos. Accede se xa estas rexistrado ou rexístrate se non o estás.

Flocos é un produto da Axencia Galega das Industrias Culturais

Contacto | Licenza | RSS