Premio

» Eva Quintas Froufe, 2006
Categoría: Ficción
(Comedia)
Info:
  • 331 reproduccións
  • 16 fans
  • Publicado o 17/3/09
Comparte:
  • Código para a túa web:
  • Redes Sociais

Obra subvencionada pola Axencia Audiovisual Galega

Captura da portada

Martín Cortés ou Tín, como o coñece todo o mundo, leva un tipo de vida fóra do común, coa que persoalmente, está moi satisfeito.

Xa dende a súa infancia, o que máis lle podía apaixonar era participar en todos os concursos ao seu alcance. A todas as personas do seu entorno lles sorprende que aos 25 anos logre organizar a súa vida en función dos premios que gaña. Todos eles darán testemuña do seu punto de vista e configurarán, coma se dun mosaico se tratara, a particular vida de Tín.

Duración:
9:47
Ano:
2006

Novas

  • CAFÉ & CHURROS: ´Premio´, unha reflexión posmoderna!

    25/02/2008 No audiovisual galego a presenza da muller viuse relegada a postos de coordinación e xestión como así o demostran as numerosas mulleres que dirixen os designios dunha produtora en Galicia. Como directoras as mulleres tiveron unha presenza moi reducida e así o demostra a industria actual con presenzas puntuais como Margarita Ledo, Beatriz del Monte, Sandra Sánchez ou Ruth Chao. Mais unha nova xeración de directoras se aproxima e o horizonte é máis que prometedor. Outra vez o semblante optimista o denota a produción de "creadores individuais", neste apartado podemos situar a Eva Quintas Froufe, a realizadora de Premio.

  • Estrea de ´Premio!´ de Eva Quintas Froufe

    18/04/2007 A estrea desta curtametraxe vai ter lugar o vindeiro xoves 19 de abril, ás 20 horas na Facultade de Ciencias da Comunicación de Pontevedra.

Galería de imaxes

Fans:

Facerme fan

Comentarios:

6 comentarios
Só mostra os 5 comentarios máis recentes Ver todos
Xabier Cid 19/03/2009
Que pasada!!
que bó¡¡ felicitacións¡
Nano Besada 24/03/2009
A maiores da curta en si mesama que está ben, gosto dos grafismos ( que ás veces non coidad demasiado nas curtas). Parabéns!
Orixinal. Digna dun visionado. O segundo xa non o teño tan claro.
David González 2/05/2009
Moi ben resolta e creativa
Valentín Barreiros 11/05/2009
Moi boa esta ópera prima.
Tiven a oportunidade de ver "Palíndromo", que certifica a creatividade, orixinalidade e talento desta xoven realizadora.
Parabéns.
Para poder comentar tes que estar rexistrado e acceder a flocos. Accede se xa estas rexistrado ou rexístrate se non o estás.

Flocos é un produto da Axencia Galega das Industrias Culturais

Contacto | Licenza | RSS