Obra subvencionada pola Axencia Audiovisual Galega
Partindo da idea historicamente constatada da existencia dunha Galicia, dun ser galego diferenciador e diferenciado, constrúese toda un andamiaxe visual e sonoro arredor desa idea personificada por persoas senlleiras vivas ou desaparecidas, e tamén protagonistas actuais da realidade da Galicia de hoxe, soslaiando sempre formulacións políticas explícitos e centrándose sempre nas partes mais poéticas da idea cunha linguaxe innovadora tipo documental á forza de enquisas, manipulacions ou indagacións fidedignas.
Constrúese unha idea de Galicia baixo a ollada do seu realizador, chea de experimentos visuais narrativos indagando nun xénero raiano co documental, a ficción, o documento histórico etc. Enquisas, imaxes de arquivo, textos, poesía, foto, videocreación… empréganse para indagar nunha idea de Ser Galego hoxe, no 2007.
14/04/2009 A Axencia Audiovisual Galega quere facer un pequeno susurro no seu silencio para dar conta dunha perda inestimable para o audiovisual galego, morreu o director Eloy Lozano. O audiovisual galego está de loito, perdeu un dos seus maiores loitadores independentes en prol de poder facer cinema en Galicia.
9/01/2009 A versión para TV da longametraxe dixital Quen són?, de Eloi Lozano, pasasarse no contentor dos documentais da TVG da sobremesa dos sábados.O proxecto foi apoiado pola Consellaría de Cultura e Deporte dentro da modalidade longametraxe en soporte dixital.