Quen son?

» Eloy Lozano, 2008
Info:
  • 1432 reproduccións
  • 11 fans
  • Publicado o 23/4/09
Comparte:
  • Código para a túa web:
  • Redes Sociais

Obra subvencionada pola Axencia Audiovisual Galega

Captura da portada

Partindo da idea historicamente constatada da existencia dunha Galicia, dun ser galego diferenciador e diferenciado, constrúese toda un andamiaxe visual e sonoro arredor desa idea personificada por persoas senlleiras vivas ou desaparecidas, e tamén protagonistas actuais da realidade da Galicia de hoxe, soslaiando sempre formulacións políticas explícitos e centrándose sempre nas partes mais poéticas da idea cunha linguaxe innovadora tipo documental á forza de enquisas, manipulacions ou indagacións fidedignas.

Constrúese unha idea de Galicia baixo a ollada do seu realizador, chea de experimentos visuais narrativos indagando nun xénero raiano co documental, a ficción, o documento histórico etc. Enquisas, imaxes de arquivo, textos, poesía, foto, videocreación… empréganse para indagar nunha idea de Ser Galego hoxe, no 2007.

Director:
Eloy Lozano
Duración:
85:01
Ano:
2008

Novas

  • Finou Eloy Lozano, un dos pioneiros no renacer do audiovisual galego!

    14/04/2009 A Axencia Audiovisual Galega quere facer un pequeno susurro no seu silencio para dar conta dunha perda inestimable para o audiovisual galego, morreu o director Eloy Lozano. O audiovisual galego está de loito, perdeu un dos seus maiores loitadores independentes en prol de poder facer cinema en Galicia.

  • ´Quen son?´, de Eloi Lozano, en Galicia Documental

    9/01/2009 A versión para TV da longametraxe dixital Quen són?, de Eloi Lozano, pasasarse no contentor dos documentais da TVG da sobremesa dos sábados.O proxecto foi apoiado pola Consellaría de Cultura e Deporte dentro da modalidade longametraxe en soporte dixital.

Galería de imaxes

Fans:

Facerme fan

Comentarios:

5 comentarios
Xornal Certo 23/04/2009
Xa viramos este documental. É calquera cousa menos unha curta, pero imprescindible para enterarse do que é Galicia. Onde estea, louvado sexa Lozano.
Xurxo González 24/04/2009
Si, a verdade é que todo menos unha curta!!!! Esta debe ser a segunda longametraxe que pasa Flocos senón estou errado... Parabén pola iniciativa que creo que é unha boa homenaxe a Eloy Lozano...
Valentín Barreiros 26/04/2009
"Os galegos acostumamos a ter conciencia do que non é material". Fermoso documental. Grazas Eloy polo teu legado, ata sempre.
Dicotomías estructurais da realidade Galega, (entre lusco e fusco). Xermole das sinerxias esquecidas por a posta en valor do que ven de fora. Resonancia polimorfica dunha terra amorosa con os que son de seu. Sempre Galiza.
jujolor 29/05/2009
grazas po lo documental
Para poder comentar tes que estar rexistrado e acceder a flocos. Accede se xa estas rexistrado ou rexístrate se non o estás.

Flocos é un produto da Axencia Galega das Industrias Culturais

Contacto | Licenza | RSS